viernes, 3 de mayo de 2019

A vaca que puxo un ovo


A semana rematou cunha nova sesión contacontos. Nesta ocasión, Xes de 3º de EP elixiu o conto “a vaca que puxo un ovo”

viernes, 26 de abril de 2019

Chivos Chivones


Logo dun pequeno parón na sesión de contacontos, hoxe 26 de abril, o protagonista foi Marco, de 1º de EP, co conto Chivos Chivones.  


viernes, 29 de marzo de 2019

Nariz de ouro


O último venres do mes de marzo, tivo como protagonista na sesión de contacontos a Zeltia, de 4º de primaria, con nariz de ouro.


viernes, 22 de marzo de 2019

Coas mans baleiras


Este venres, 22 de marzo, Claudia, de 2º contounos “coas mans baleiras”.
No vídeo, podedes ver un resumo do contacontos desta maña.  


viernes, 15 de marzo de 2019

O traxe de luces


Como cada venres no tempo de lecer, a biblioteca acolle a sesión de contacontos. Neste caso, a protagonista foi Carla, de 3º, co conto “O traxe de luces”.
Deixámosvos un intre do acontecido nesta maña. 


1º e 2º de Primaria no club de lectura


Este mércores tivemos club de lectura con 1º e 2º de Primaria dedicado ás novidades da biblioteca. Presentouse a maleta de igualdade da Xunta e coñeceron simpáticos libros como “Yo no quiero ser una princesa rosa”, “a vaca que puxo un ovo” ou “teño dúas casas”, entre outros.
Agardamos que disfruten coa lectura e coas historias que nos falan da importancia da igualdade, das emocións e da ruptura de estereotipos na construción da convivencia.