jueves, 28 de febrero de 2019

Maletas de igualdade



As maletas de igualdade que vos ensinamos estarán no centro durante un mes. Trátase dun recurso bibliográfico formado por libros de lectura para o alumnado de primaria e para o profesorado.
A súa finalidade é subministrar aos centros un recurso que poda contribuír a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, a historia das mulleres, a identidade…



viernes, 22 de febrero de 2019

Mochilas viaxeiras


A semana pasada comezaban as mochilas viaxeiras. Hoxe venres, Camaleo entregou a mochila ao alumnado de 2º e 3º de primaria para que emprendan unha nova viaxe ao longo desta semana.
O alumnado púxose moi contento ao recibir a visita da nosa mascota e amosaron caras de ilusión ante esta iniciativa. 
A viaxe continúa!! 



Homenaxe a Antonio Machado


Hoxe, venres 20 de febreiro conmemoramos o 80 aniversario do falecemento do gran poeta ANTONIO MACHADO.
No recreo da mañá, na biblioteca, Athenea, de 2º de primaria, recitounos unha fermosa poesía do poeta titulada ERA UN NIÑO QUE SOÑABA.
O alumnado non a quixo perder e encheu a biblioteca. Athenea fixo unha gran interpretación do poema.  


Club de lectura 1º e 2º da ESO



Novo libro para o club de lectura de 1º e 2º da ESO. Stefan de 2º, a modo dun booktuber, propúxonos a todos/as compartir a próxima aventura con Gio, un superheroe moi especial e un cromosoma de máis, que lle fixo espertar un montón de emocións e sentimentos. Convenceunos enseguida!
E mentres agardamos a que cheguen os libros, nesta última xuntanza falamos sobre o Síndrome de Down e as barreiras que poden atopar no día a día. 

viernes, 15 de febrero de 2019

Sesión de contacontos


Na sesión de contacontos de hoxe venres, día 15 de febreiro, foi a quenda de Carlota de 4º de Primaria, co conto avós.
Podedes disfrutar no seguinte vídeo duns instantes do acontecido esta maña. 

Club de lectura


Desta volta no club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria falamos do avó de Román e da súa relación tan especial. Un avó intrépido co que está a piques de vivir unha aventura decisiva para o futuro de Escarlatina.
Que acontecerá?

Por outra banda, o corazón da Bestia ten engaioladas ás participantes do club de lectura de 3º e 4º da ESO. Achéganse ás últimas páxinas dunha novela que ademais de conmover os nosos corazóns estanos a ensinar  a beleza da diversidade.