Estamos a conmemorar "Abril, mes do libro", e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, cun mural que titulamos PRIMAVERA POÉTICA, "plantando" no corredor do cole unhas preciosas flores cheas de poesía.
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
viernes, 25 de abril de 2014
lunes, 17 de marzo de 2014
Criaturas fantásticas no entroido
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto de EP e os seus profesores fixeron no entroido unha recreación das criaturas fantásticas: trasnos, faunos e ninfas. Lembrade que é o tema do PDI deste ano. Mirádeo neste vídeo. Barallando saberes agradece a vosa aportación ao Proxecto Documental. Parabéns!!
lunes, 10 de marzo de 2014
8 de marzo
É moi importante celebrar o 8 de marzo nos centros educativos para conmemorar a loita histórica das mulleres pola igualdade e a liberdade. Hai moitos libros que poden axudarnos nesta tarefa. Aquí tedes uns exemplos.
lunes, 17 de febrero de 2014
Homenaxe a Delio
Como xa sabedes, o noso compañeiro Delio, coordinador da biblioteca durante moitísimos anos, xubilouse o pasado xoves. Como despedida fixémoslle unha pequena homenaxe. Aquí tedes o vídeo.
Ata sempre Delio, e grazas por todo.
martes, 10 de diciembre de 2013
Grazas, Madiba
Nelson Mandela, finado recentemente, foi un defensor da igualdade entre as persoas como indican os dous primeiros capítulos da Declaración Universal de Dereitos Humanos:
Artículo 1
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos.
Artículo 2
Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma,
relixión, opinión política ou de cualquera outra índole, orixe nacional ou
social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.
Doy gracias al dios que fuere
por mi alma inconquistable.
Soy el amo de mi destino,
soy el capitán de mi alma.
A súa loita contra o apartheit foi recoñecida co Premio Nobel da Paz en 1993 e 1995.
O poema, "Invictus", do poeta William Ernest Henley, axudoulle a Mandela a soportar a cadea perpetua á que foi condenado:
En la noche que me envuelve,
negra como un abismo insondable,
agradezco al dios que fuere
por mi alma inconquistable.
En las garras de las circunstancias,
no he gemido ni llorado.
Ante las puñaladas del azar
si bien he sangrado, jamás me he postrado.
Más allá de este lugar de ira y llantos
acecha la oscuridad con su horror.
No obstante la amenaza de los años
me halla y me hallará sin temor.
Ya no importa cuan recto haya sido el camino,
ni cuantos castigos lleve a la espalda.
Soy el amo de mi destino,
soy el capitán de mi alma.
Doy gracias al dios que fuere
por mi alma inconquistable.
Soy el amo de mi destino,
soy el capitán de mi alma.
miércoles, 4 de diciembre de 2013
domingo, 24 de noviembre de 2013
A historia dos bonobos con lentes
Hai máis de trinta anos Adela Turín comezou a publicar en Italia unha coleción " Á favor das nenas", converténdose nunha coleción de referencia para a coeducación e a igualdade. Despois de tanto tempo estes libros siguen sendo necesarios.
Este libro faise imprescindible, porque coeducando se cadra non teremos que lembrar máis a data do 25 de novembro.
jueves, 24 de octubre de 2013
Outono fantástico
O outono, co Magosto e o Samaín, é unha estación fantástica. As pantasmas, homes lobo, bruxas, esqueletes e outras criaturas danse cita nesta época para pasar anacos refuxiados nas súas historias. A imaxe recolle o comezo do mural colaborativo sobre o outono fantástico.
martes, 23 de abril de 2013
A "peli" da túa vida
A "peli" da túa vida é un traballo colaborativo aberto a toda a comunidade educativa. Vén sendo unha recomendación daqueles filmes que deixaron unha impronta na nosa vida. Con esta actividade celebramos o "Día do libro".
miércoles, 9 de mayo de 2012
Día de Europa
O día 9 de maio celébrase o día de Europa. Barallando Saberes proponvos a composición dun puzle sobre o vello continente.Se o facedes correctamente e tedes o son activado, agárdavos unha sorpresa. Xogamos? Facede clic na imaxe e accederedes ao puzle.
lunes, 23 de abril de 2012
Día do libro
Este ano, para celebrar o día do libro, fixemos un traballo colectivo entre toda a Comunidade Escolar. Está incardinado no Proxecto Documental Integrado "CULTURAS DO MUNDO" Trátase dunha exposición sobre a escola dos nosos devanceiros.
Consta de tres partes fundamentais:
1. Os libros da memoria.
2. Exposición "Libros da memoria".
3. A escola da memoria.
Como o traballo é de toda a Comunidade Escolar, subímolo ao blogue da biblioteca para que se poida disfrutar desde aí.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
1. Libros da memoria. Algunhas das persoas participantes deixaron constancia dos seus comezos no mundo da lectura.
2. Exposición "Libros da memoria". Diversos materiais como libros, cadernos e útiles escolares.
3. Escolas da memoria. Imaxes da escola doutra época. Predominan as fotos de grupos de escolares.
Aquí podedes ver unha presentación con imaxes das distintas partes:
martes, 17 de abril de 2012
Letras galegas 2012
Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade.
Desde a biblioteca elaboramos unha páxina de ligazóns a actividades sobre a figura deste insigne persoeiro.
En primeiro lugar, a páxina do Seminario Galán que ano tras ano constitúe unha referencia obrigada nesta celebración. Dela tomamos a biografía e o xogo 2 e xogo3.
A biblioteca amiga do CEIP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras, da man do seu coordinador Xoaquín Freixeiro, comparte connosco un LIM sobre Valentín Paz Andrade. (Xogo1)
O CPI dos Dices en Rois realiza un vídeo a modo de telexornal, onde se repasa a vida e a obra do autor homenaxeado.
A obra está tomada da páxina oficial de Paz Andrade.
lunes, 30 de enero de 2012
Traballos para conmemorar o día da paz.
Aquí publicamos dous traballos colectivos para conmemorar o día da paz. O primeiro é un mosaico de traballos de E. Infantil e E. Primaria. A segunda imaxe recolle as aportacións do alumnado da ESO.
Día da paz
Disque...
Había unha vez un rei que ofreceu un gran premio a aquel artista que puidese captar nunha pintura a paz perfecta. Intentárono moitos artistas.
O rei observou e admirou todas as pinturas, pero só atopou dúas que realmente lle gustaron e entre elas tivo que escoller.
A primeira era un lago moi tranquilo. Este lago era un espello perfecto no que se reflectían as plácidas montañas que o rodeaban. Sobre as montañas, un ceo azul cunhas tenues nubes brancas. Quen viu esta pintura pensou que reflectía a paz.
A segunda pintura tamén tiña montañas, pero eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do que caía unha tremenda tormenta con lóstregos e trono. Pola montaña abaixo retumbaba un escumoso torrente de auga. Todo isto non semellaba nada pacífico.
Pero cando o rei observou minuciosamente, viu trala cascada un delicado arbusto arraigado nunha regandixa da rocha. Nel había un niño. Alí, no medio da ruxidoira da violenta fervenza, estaba sentado tranquilamente un paxariño no medio do seu niño...a paz perfecta.
Cal cres que foi a pintura gañadora?
O rei escolleu a segunda, sabes por que?
Porque, explicaba o rei: paz non significa estar nun lugar sen ruídos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dor. Paz significa que, a pesar de estar no medio de todas esas cousas, teñamos calma no noso corazón.
Este é o verdadeiro significado da paz.
Autor descoñecido
sábado, 10 de diciembre de 2011
Dereitos Humanos
Parece un contrasentido falar de Dereitos Humanos cando, despois de 63 anos da súa proclamación, segue a haber tantas desigualdades, sendo a igualdade un dereito; séguese matando institucionalmente, cando se recoñece a vida como dereito; a integridade persoal é un dereito a menudo violado pola tortura e outros tratos crueles, inhumanos e degradantes; podemos falar de libertade cando vemos ao noso arredor tantas formas de esclavitude, servidume, traballo forzado e prácticas análogas?...Hai lugar para a esperanza? Desde a biblioteca escolar pensamos que si... senón estariamos perdidos.
E xa que falamos de biblioteca, hai moitas nenas e nenos no mundo que non teñen acceso a elas nin aos libros porque os gobernos dos seus países llelo impiden; queren e non poden. No noso colexio temos unha estupenda biblioteca con miles de libros, sen embargo parte do noso alumnado non fai uso dela; poden e non queren.
Para que a infancia saharahui teña acceso aos libros, púxose en marcha unha iniciativa, "Bubisher" que leva libros ás poboacións do Sáhara nun bibliobús, de aí o nome. Máis de cen bibliotecas escolares de toda Galicia participamos na achega a este proxecto cun lote de álbumes seleccionados pola organización. O álbum que escolleu a nosa biblioteca é "El grillo silencioso".
Pensamos que a solidaridade é o camiño que nos abra as portas da esperanza.
E xa que falamos de biblioteca, hai moitas nenas e nenos no mundo que non teñen acceso a elas nin aos libros porque os gobernos dos seus países llelo impiden; queren e non poden. No noso colexio temos unha estupenda biblioteca con miles de libros, sen embargo parte do noso alumnado non fai uso dela; poden e non queren.
Para que a infancia saharahui teña acceso aos libros, púxose en marcha unha iniciativa, "Bubisher" que leva libros ás poboacións do Sáhara nun bibliobús, de aí o nome. Máis de cen bibliotecas escolares de toda Galicia participamos na achega a este proxecto cun lote de álbumes seleccionados pola organización. O álbum que escolleu a nosa biblioteca é "El grillo silencioso".
Pensamos que a solidaridade é o camiño que nos abra as portas da esperanza.
10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
viernes, 25 de noviembre de 2011
Contra a violencia de xénero
Co desexo de non ter que celebrar máis esta data, esta é a nosa colaboración para erradicar todos os actos mediante os que se discrimina, ignora, somete e subordina as mulleres nos diferentes aspectos da súa existencia.
miércoles, 4 de mayo de 2011
Animación con Abrahán Carreiro
Hoxe, dentro dos actos conmemorativos do día do libro, tivemos con nós ao debuxante e ilustrador Abrahán Carreiro. Aos nosos escolares gústalles moito este tipo de animación. Será pola facilidade coa que lle saen as cousas...Non precisa borrar nin chisco!
sábado, 23 de abril de 2011
Salva un libro, crea un bosque.
Este era o lema do traballo colectivo que pretendiamos para conmemorar o día do libro. Quen quixo fixo a súa aportación, e con todas elas creamos o noso particular bosque dos libros salvados. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.
viernes, 15 de abril de 2011
Animación día do libro
Co gallo do día do libro, e como esta data cae en vacacións de semana santa, adiantámonos á súa celebración e convidamos a Antón Castro quen gustosamente acudiu á nosa chamada para compartir connosco o seu bo facer en materia de música, literatura oral e humor. Grazas, Antón, polo que nos ensinache e polo que rimos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)











