Os nenos e nenas de terceiro e cuarto de EP e os seus profesores fixeron no entroido unha recreación das criaturas fantásticas: trasnos, faunos e ninfas. Lembrade que é o tema do PDI deste ano. Mirádeo neste vídeo. Barallando saberes agradece a vosa aportación ao Proxecto Documental. Parabéns!!
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
lunes, 17 de marzo de 2014
Criaturas fantásticas no entroido
viernes, 14 de febrero de 2014
Xa temos mascota
Pois xa está. Xa temos mascota para a biblioteca. Este foi o debuxo elexido. O autor é Miguel Méndez Rodríguez, de 1º de ESO.
En fin...que aquí lemos tod@s, ata o can e o gato.
domingo, 2 de febrero de 2014
Calendario Criaturas Fantásticas
Dentro do proxecto documental deste ano manexamos material (libros, murais, imaxes, poesías) co que elaboramos este calendario. De paso que marca o noso tempo ofrécenos imaxes e anacos de poemas sobre as criaturas fantásticas coas que percorremos universos infiitos. O documento está en PDF. Podédelo imprimir, cortar e montar o voso calendario.
Criaturas fantásticas e poesía
O equipo de biblioteca elaboramos esta pequena publicación sobre as criaturas fantásticas na poesía. Para acceder ao PDF podedes clicar na imaxe ou na ligazón do texto. Se o imprimides a doble cara, podedes facer un librín.
jueves, 12 de diciembre de 2013
O Apalpador
O Apalpador veunos de perilla para o tema que traballamos este ano: "Criaturas fantásticas". Sobre a súa figura, o Equipo de Biblioteca, coa axuda do alumnado colaborador de biblioteca, elaborou unha nova historia para o kamishibai. Aquí vola deixamos en PDF.
miércoles, 4 de diciembre de 2013
viernes, 25 de octubre de 2013
Mascota da biblioteca
Aproveitando o tema de "Criaturas fantásticas", a biblioteca convocou un concurso de debuxo para crear a mascota que a representará e que nos servirá de logotipo para os diferentes comunicados e actividades. Na seguinte ligazón podedes acceder ás bases do concurso.
jueves, 24 de octubre de 2013
Criaturas fantásticas
"Cachito", o conserxe do colexio, tivo unha idea estupenda: colocou un acuario nas proximidades da biblioteca. A zona sempre está ateigada de escolares ollando estas fantásticas criaturas. Non deixa de ser un reclamo para a nosa biblioteca e para o proxecto documental. Grazas, "Cachito"!!!
Outono fantástico
O outono, co Magosto e o Samaín, é unha estación fantástica. As pantasmas, homes lobo, bruxas, esqueletes e outras criaturas danse cita nesta época para pasar anacos refuxiados nas súas historias. A imaxe recolle o comezo do mural colaborativo sobre o outono fantástico.
Exposición "Criaturas fantásticas"
Para traballar no PDI, o equipo de biblioteca andivemos a buscar nos andeis libros relacionados co tema de "Criaturas fantásticas". Por certo que hai ben deles. Con eles fixemos dúas exposicións: unha para EI e EP e outra para a ESO. Tamén elaboramos unha bibliografía sobre literatura fantática, á que podedes acceder clicando na ligazón.
miércoles, 18 de septiembre de 2013
Criaturas fantásticas
O PDI deste curso leva por título "Criaturas fantásticas", tendo en conta os resultados da enquisa que se pasou ao alumnado e profesorado do centro hai dous anos. Adentrarémonos, xa que logo, por este marabilloso mundo de dragóns, centauros, unicornios, elfos, ananos, meigas, demos, deuses, homes e mulleres lobo...e tantos outras xentes que non son xente para alimentar coas súas lecturas o noso espíritu. Boa viaxe e que os deuses vos sexan propicios!
lunes, 6 de mayo de 2013
Cine e Literatura
Algúns membros do Equipo de biblioteca estivemos elaborando estas páxinas sobre cine e literatura. Na primeira tedes unha selección de filmes sobre obras literarias para adultos e alumnado da ESO. Debaixo destas liñas tedes a ligazón á páxina para E. Infantil e E. primaria. Agardamos que vos sexan útiles as nosas recomendacións. Clicando nas imaxes ou nas ligazón, poderedes acceder ás paxinas.
martes, 23 de abril de 2013
A "peli" da túa vida
A "peli" da túa vida é un traballo colaborativo aberto a toda a comunidade educativa. Vén sendo unha recomendación daqueles filmes que deixaron unha impronta na nosa vida. Con esta actividade celebramos o "Día do libro".
lunes, 18 de marzo de 2013
O galo e o raposo
Aquí tedes "O galo e o raposo", o segundo conto para o kamishibai elaborado polo equipo de biblioteca. Os protagonistas volven ser dous animais: o galo e o raposo, como en moitos outros contos de tradición oral. A ver se vos gusta. Se clicades na imaxe, teredes acceso ao documento en PDF. Para o kamishibai habería que imprimilo a doble cara en A3.
jueves, 17 de enero de 2013
Calendario "Cine e Literatura"
Dentro do proxecto documental integrado deste ano, elaboramos este almanaque que nos lembrará cunha película ou co libro correspondente a celebración máis importante de cada mes.Clicando na imaxe ou na ligazón poderedes acceder ao documento en PDF. Que teñades, xa que logo, un bo ano de cine e literatura.
domingo, 16 de diciembre de 2012
Kamishibai "O lobo e a ovella"
Kamishibai soa un pouco raro. É o termo xaponés para referirse a un tipo de teatriño con debuxos. Bibliotecas Escolares ofreceunos a posibilidade de contar con un, sempre e cando lle desemos uso. Pois aquí estamos co primeiro traballo elaborado para este soporte: "O lobo e a ovella". Penso que encaixa perfectamente co tema do proxecto documental deste ano. Non é cine, pero case.
Lembro que de neno me contaban este conto e a min entusiamábame. Pidíalles que mo contasen unha e outra vez. Nunca o vin publicado en ningunha editorial, e paréceme estraño porque seica os contos son universais.Os debuxos son de Ana Pardo coa que colaboramos máis persoas da comunidade escolar. O texto poderíase considerar como popular.
Se clicades na imaxe ou na ligazón, teredes acceso ao documento en PDF. Que gocedes del coma min.
Delio.
Se clicades na imaxe ou na ligazón, teredes acceso ao documento en PDF. Que gocedes del coma min.
Delio.
Cine e Literatura
O tema do Proxecto Documental deste curso é "Cine e Literaura" e fixándonos especialmente nos comics no tocante á Literatura. O mural motivador é un traballo colaborativo de todo o colexio e ten o formato de cómic.
Con este tema aproveitamos para aumentar os fondos da nosa biblioteca en canto a películas e curtas sobre obras literarias. Iremos subindo todos os traballos que se xeneren durante o curso.
O equipo de biblioteca considera oportuno que teñades ao voso dispor as ligazóns a documentos importantes sobre o tema. Iremos actualizando as ligazóns segundo vaiamos atopando cousas interesantes. Contamos coas vosas suxerencias.
Ligazóns de interese:
As mellores películas sobre educación.
Blogues de centros de ensino sobre cine:
Bibliotecacotarelocine
jueves, 9 de febrero de 2012
Traballos Culturas do mundo
No marco do PDI "Culturas do mundo", estanse a xerar desde o equipo de biblioteca diversos traballos que relacionamos nesta entrada e que iremos actualizando segundo xurdan outros novos.
Como ven sendo habitual con cada tema dos PDI, o primeiro que fixemos foi unha exposición de materiais para traballar o proxecto. Aproveitamos o tema para adquirir unha bibliografía temática que contribúe a enriquecer a nosa biblioteca. Con algúns deses libros elaboramos unha guía de lectura que podedes abrir facendo clic na imaxe.
Elaboramos un calendario con imaxes relacionadas con distintas culturas. Así, de paso que marca o noso tempo, temos sempre presente determinados aspectos da cultura universal.
Podédelo ver e descargar clicando na imaxe.
Con este traballo feito en ARDORA queremos facer un percorrido por diferentes aspectos da cultura dos pobos.
Pretendemos que os PDI teñan carácter interdisciplinar, é dicir, que se contemplen desde as distintas materias curriculares. Deste xeito, podemos falar de auténticos proxectos integrados. Desde o departamento de Lingua Castelá e Literatura analizaremos, nun afondamento na nosa cultura, como foi a escola dos nosos devanceiros, para que, coñecendo aquela, as súas carencias, poidamos valorar, apreciar e coidar mellor o que temos actualmente.
Neste traballo plásmase a información que recolleu o noso alumnado dos seus maiores. A actividade completarase cunha exposición de materiais relacionados co sistema escolar dos nosos avós, tratando de reproducir unha escola da época.
Podedes acceder ao PDF (formato libro) clicando na imaxe.
No departamento de matemáticas investigaron o sistema de medidas empregado polos nosos maiores e apórtannos este traballo sobre o sistema monetario español.
Aquí tedes dúas presentacións feitas polo alumnado da materia de reforzo educativo na aula de apoio. Unha sobre Romanía, como homenaxe aos escolares dese país que están no noso colexio, e outra sobre o deporte nacional dos distintos países.
Con este traballo feito en ARDORA queremos facer un percorrido por diferentes aspectos da cultura dos pobos.
Pretendemos que os PDI teñan carácter interdisciplinar, é dicir, que se contemplen desde as distintas materias curriculares. Deste xeito, podemos falar de auténticos proxectos integrados. Desde o departamento de Lingua Castelá e Literatura analizaremos, nun afondamento na nosa cultura, como foi a escola dos nosos devanceiros, para que, coñecendo aquela, as súas carencias, poidamos valorar, apreciar e coidar mellor o que temos actualmente.Neste traballo plásmase a información que recolleu o noso alumnado dos seus maiores. A actividade completarase cunha exposición de materiais relacionados co sistema escolar dos nosos avós, tratando de reproducir unha escola da época.
Podedes acceder ao PDF (formato libro) clicando na imaxe.
No departamento de matemáticas investigaron o sistema de medidas empregado polos nosos maiores e apórtannos este traballo sobre o sistema monetario español.
Aquí tedes dúas presentacións feitas polo alumnado da materia de reforzo educativo na aula de apoio. Unha sobre Romanía, como homenaxe aos escolares dese país que están no noso colexio, e outra sobre o deporte nacional dos distintos países.
Manuel 1º e.s.o
Pin
View more PowerPoint from bibliobaralla
No PIN (proxecto interdisciplinar) de 1º de ESO tamén se traballou o tema do PDI centrado nas Comunidades de España. A continuación, algúns dos traballos realizados.
jueves, 12 de enero de 2012
Culturas do mundo

"Culturas do mundo" é o título do proxecto documental que estamos a desenvolver este curso desde a nosa biblioteca. Sería imposible abranguer o tema en toda a súa extensión. So pretendemos que sexa o eixo vertebrador arredor do que xire a nosa actividade educativa e, de paso, mirar o mundo aínda que sexa por unha pequena regandixa.
A ilustración é unha miniatura do mural motivador do proxecto documental. A continuación tedes unha presentación coas imaxes que o compoñen.
martes, 29 de marzo de 2011
Xogos PDI
Desde que traballamos os PDI (proxectos documentais integrados), levamos feitas moitas actividades. Algunhas delas, polo seu carácter lúdico, convén rescatalas e poñelas á disposición de quen as queira empregar. A continuación tedes as ligazóns a estas actividades en JCLIC:
- Formación de usuarios.
- As viaxes.
- Astronomía.
- Constelacións-mitoloxía.
- A publicidade.
- Uxío Novoneyra
- Biblioteca e novas tecnoloxías. (Entrar como convidados)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















