viernes, 25 de enero de 2019

Novas da semana


Esta semana, no club de lectura, co alumnado de 1º e 2º de primaria arrincou a sección “novidades na biblio”, para dar a coñecer as achegas recentes. 

Hoxe venres, tivo lugar a sesión de contacontos. Tocoulle a Mencía de 1º de primaria, que nos engaiolou con Rosa Caramelo. 

sábado, 19 de enero de 2019

Actividades da biblioteca nos últimos días


A biblioteca viviu unha semana intensa coas seguintes actividades:
Descubrimos unha nova afección do alumnado da ESO: pintar mandalas.

Desenvolveuse a segunda sesión do Club de Lectura con 5º e 6º de Primaria. O libro Escarlatina, a cociñeira defunta foi o centro de atención. 

Como cada venres, tivo lugar a sesión de contacontos. Tocoulle a Darío de 6º de Primaria, que a través do kamishibai, contounos o gato con botas



viernes, 11 de enero de 2019

A horta de Simón


Como cada venres, a sesión de contacontos volveu á biblioteca no tempo de lecer. Elia, de 2º de primaria, tívonos moi intrigados coa Horta de Simón.
Deixámosvos un anaco do acontecido esta mañá.