viernes, 5 de diciembre de 2014

BO NADAL

O equipo de biblioteca deséxalles unhas felices festas.

viernes, 6 de junio de 2014

Club de lectura e criaturas fantásticas

A piques xa de rematar o curso e con el a nosa andaina co club de lectura, propoñémosvos estas actividades cos libros lidos este ano feitas en JCLIC, que nos han servir para autoavaliarnos. Se preferides ver en pantalla completa, picade na ligazón. En breve faremos a excursión que tiñamos programada e á volta teredes máis novas nosas. Ata logo.






viernes, 25 de abril de 2014

Primavera poética

Estamos a conmemorar "Abril, mes do libro", e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, cun mural que titulamos PRIMAVERA POÉTICA, "plantando" no corredor do cole unhas preciosas flores cheas de poesía.


miércoles, 19 de marzo de 2014

El príncipe de la niebla

No segundo trimestre, despois do bo sabor de boca que nos deixou a triloxía de "Los juegos del hambre", aventurámonos con outra. Neste caso dun autor español, Carlos Ruiz Zafón. Os libros en cuestión son "El príncipe de la niebla", "El palacio de la medianoche" e "Las luces de septiembre".
Como mediador que fun do club de lectura, dende a situación de xubilación, asumo os compromisos contraídos cos rapaces e rapazas do club así como con Isabel, a profesora que me substituíu. Sigo formando parte do club, aínda que non de xeito presencial.
Pois ben, coma no caso anterior, elaboramos unha presentación colectiva do primeiro libro da triloxía, da que veño de facer a montaxe. Podédela ver a continuación.

Los juegos del hambre

O primeiro libro que lemos este ano no club de lectura "Barallando libros" foi "Los juegos del hambre", de Suzanne Collins. Enganchounos de tal maneira que todos quixemos ler a triloxía enteira: Los juegos del hambre, En llamas e Sinsajo. Algúns aventurámonos tamén con Hermosas criaturas. Este curso estamos a ler libros coa temática do PDI "Criaturas fantásticas". Por certo, nesta triloxía hai ben delas.
Elaboramos unha presentación co primeiro libro da triloxía que podedes ver seguidamente. Cada lector/a encargouse dunha diapositiva.

lunes, 17 de marzo de 2014

Criaturas fantásticas no entroido

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto de EP e os seus profesores fixeron no entroido unha recreación das criaturas fantásticas: trasnos, faunos e ninfas.  Lembrade que é o tema do PDI deste ano. Mirádeo neste vídeo. Barallando saberes agradece a vosa aportación ao Proxecto Documental. Parabéns!!


lunes, 10 de marzo de 2014

8 de marzo



É moi importante celebrar o 8 de marzo nos centros educativos para conmemorar a loita histórica das mulleres pola igualdade e a liberdade. Hai moitos libros que poden axudarnos nesta tarefa. Aquí tedes uns exemplos.

viernes, 28 de febrero de 2014

Calendario do libro e da lectura

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg8am4c0IJp3yYiv-8erknCc9qy0-QNZRNbUU0hYx1j_m4FTOL2rwmFUpJ1txKyFd3f_z9TPNmJPIUTbfDqqWaJ8qWpaAadMDRVyhIs_Ldu-Eub1ErYg71KODKiUiKsNUxiRDCaBHAbnn1O/s1600/cartelAGE20141-682x1024.jpg

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega  (AELG) e a Asociación Galega de Editores (AGE) publican un calendario profesional do libro e da lectura que pode servir para lembrarnos as efemérides relacionadas co libro e a lectura ou as datas das feiras do libro de Galicia.

lunes, 17 de febrero de 2014

Homenaxe a Delio

Como xa sabedes, o noso compañeiro Delio, coordinador da biblioteca durante moitísimos anos, xubilouse o pasado xoves. Como despedida fixémoslle unha pequena homenaxe. Aquí tedes o vídeo.
Ata sempre Delio, e grazas por todo.



viernes, 14 de febrero de 2014

Xa temos mascota


Pois xa está. Xa temos mascota para a biblioteca. Este foi o debuxo elexido. O autor é Miguel Méndez Rodríguez, de 1º de ESO.
En fin...que aquí lemos tod@s, ata o can e o gato.

domingo, 2 de febrero de 2014

Calendario Criaturas Fantásticas


Dentro do proxecto documental deste ano manexamos material (libros, murais, imaxes, poesías) co que elaboramos este calendario. De paso que marca o noso tempo ofrécenos imaxes e anacos de poemas sobre as criaturas fantásticas coas que percorremos universos infiitos. O documento está en PDF. Podédelo imprimir, cortar e montar o voso calendario.

Criaturas fantásticas e poesía



O equipo de biblioteca elaboramos esta pequena publicación sobre as criaturas fantásticas na poesía. Para acceder ao PDF podedes clicar na imaxe ou na ligazón do texto. Se o imprimides a doble cara, podedes facer un librín.