Este era o lema do traballo colectivo que pretendiamos para conmemorar o día do libro. Quen quixo fixo a súa aportación, e con todas elas creamos o noso particular bosque dos libros salvados. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.
sábado, 23 de abril de 2011
Salva un libro, crea un bosque.
viernes, 15 de abril de 2011
Animación día do libro
Co gallo do día do libro, e como esta data cae en vacacións de semana santa, adiantámonos á súa celebración e convidamos a Antón Castro quen gustosamente acudiu á nosa chamada para compartir connosco o seu bo facer en materia de música, literatura oral e humor. Grazas, Antón, polo que nos ensinache e polo que rimos.
lunes, 11 de abril de 2011
Encontros PLAMBE 2011
O xoves e venres (7 e 8 de abril) tiveron lugar en Compostela os encontros dos centros adscritos ao Plan de mellora de bibliotecas escolares. Alá nos demos cita os responsables das 374 bibliotecas dese plan. O primeiro día foi para os centros de nova incorporación.
Que dicirvos?... Pois que foi unha ocasión máis (todas son poucas) para aprender, intercambiar experiencias, ver o que se fai noutros centros, para, en definitiva, recargar baterías e poder continuar co compromiso asumido de converter a nosa biblioteca nun lugar agradable, útil e dinámico.
Quen teña interés nos materiais destes encontros pode velos AQUÍ nun espazo moodle habilitado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares ao que se pode entrar como convidados.
martes, 29 de marzo de 2011
Día do libro
Este ano, para celebrar o día do libro, imos facer un mural colectivo con este lema:
"SALVA UN LIBRO, CREA UN BOSQUE"
Imaxina calquera situación na que sexa preciso salvar un libro. Sabemos que é difícil escoller un só. Se queres participar nesta obra colectiva, colle unha plantilla na biblioteca e escribe nela o título do libro que salvarías e o porqué. Con todas as aportacións faremos un homenaxe aos bosques porque o 2011 é o ano internacional dos bosques.
Gracias pola vosa colaboración.
(O equipo de biblioteca)
Xogos PDI
Desde que traballamos os PDI (proxectos documentais integrados), levamos feitas moitas actividades. Algunhas delas, polo seu carácter lúdico, convén rescatalas e poñelas á disposición de quen as queira empregar. A continuación tedes as ligazóns a estas actividades en JCLIC:
- Formación de usuarios.
- As viaxes.
- Astronomía.
- Constelacións-mitoloxía.
- A publicidade.
- Uxío Novoneyra
- Biblioteca e novas tecnoloxías. (Entrar como convidados)
lunes, 28 de marzo de 2011
As novas tecnoloxías
Dentro do proxecto documental integrado que traballamos este ano presentámosvos unha actividade interactiva para achegármonos a este mundo tan fascinante pero que é preciso coñecer. Trátase dun paquete de actividades en JCLIC sobre as novas tecnoloxías. Premede na imaxe ou na ligazón.(Entrar como convidados)
miércoles, 23 de marzo de 2011
Recursos electrónicos
Aquí tedes unha colección de recursos electrónicos seguindo as distintas seccións da CDU. Se picas na imaxe ou na ligazón, entras directamente no arquivo. Unha vez na páxina, elixe a materia que che interese. Boa viaxe!!
Agradecemos ao IES "Pedra da Aguia" e ao dinamizador da súa biblioteca, Emilio Roca, o teren compartido entre a comunidade do PLAMBE un traballo que serviu de base para o noso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





