lunes, 23 de abril de 2012

Día do libro

Este ano,  para celebrar o día do libro, fixemos un traballo colectivo entre toda a Comunidade Escolar. Está incardinado no Proxecto Documental Integrado "CULTURAS DO MUNDO" Trátase dunha exposición sobre a escola dos nosos devanceiros.
Consta de tres partes fundamentais:
1. Os libros da memoria.
2. Exposición "Libros da memoria".
3. A escola da memoria.
Como o traballo é de toda a Comunidade Escolar, subímolo ao blogue da biblioteca para que se poida disfrutar desde aí.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración. 

1. Libros da memoria. Algunhas das persoas participantes deixaron constancia dos seus comezos no mundo da lectura.





2. Exposición "Libros da memoria". Diversos materiais como libros, cadernos e útiles escolares.




3. Escolas da memoria. Imaxes da escola doutra época. Predominan as fotos de grupos de escolares.


Aquí podedes ver unha presentación con imaxes das distintas partes:

martes, 17 de abril de 2012

Letras galegas 2012



Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade.
Desde a biblioteca elaboramos unha páxina de ligazóns a actividades sobre a figura deste insigne persoeiro.
En primeiro lugar, a páxina do Seminario Galán que ano tras ano constitúe unha referencia obrigada nesta celebración. Dela tomamos a biografía e o xogo 2 e xogo3.
A biblioteca amiga do  CEIP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras, da man do seu coordinador Xoaquín Freixeiro, comparte connosco un LIM sobre Valentín Paz Andrade. (Xogo1)
 O CPI dos Dices en Rois realiza un vídeo a modo de telexornal, onde se repasa a vida e a obra do autor homenaxeado.
A obra está tomada da páxina oficial de Paz Andrade.

domingo, 15 de abril de 2012

La puerta trasera del paraíso

O segundo libro foi "La puerta trasera del paraíso". Con el, mergullámonos na problemática do pobo saharaui. Para ter unha lembranza del, fixemos esta presentación.

viernes, 13 de abril de 2012

Páxinas Literarias

Os dous primeiros libros que lemos no club de lectura están incardinados no proxecto documental integrado que estamos a desenvolver no centro neste curso: Culturas do mundo. Xa falamos do libro "Donde aprenden a volar las gaviotas",ambientado en Noruega. Sobre el o alumnado do club elaborou esta presentación:

martes, 6 de marzo de 2012

Banco de lecturas


A lectura é unha actividade prioritaria no proxecto de biblioteca do noso centro.  Por iso o equipo de biblioteca acordamos crear e poñer a disposición de toda a comunidade educativa "Banco de lecturas", que é un compendio de páxinas web nas que se poden atopar textos para ler e traballar con eles nos distintos niveis educativos.
Esperemos que a iniciativa redunde en beneficio do nivel lector do noso alumnado.

lunes, 13 de febrero de 2012

Donde aprenden a volar las gaviotas

O primeiro libro que lemos este ano no club de lectura foi unha historia ben fermosa que nos achegou a temas tan importantes como o sensentido das guerras, mergullounos na cultura nórdica (este ano traballamos as culturas do mundo) a través dunha viaxe por Noruega e fíxonos vibrar con dúas historias de amor que endexamais esqueceremos. Este libro ímolo tomar como referente para as distintas conmemoracións do centro. Na presentación que vén de seguido podédelo comprobar.


 

jueves, 9 de febrero de 2012

Traballos Culturas do mundo


No marco do PDI "Culturas do mundo", estanse a xerar desde o equipo de biblioteca diversos traballos que relacionamos nesta entrada e que iremos actualizando segundo xurdan outros novos.







Como ven sendo habitual con cada tema dos PDI, o primeiro que fixemos foi unha exposición de materiais para traballar o proxecto. Aproveitamos o tema para adquirir unha bibliografía temática que contribúe a  enriquecer a nosa biblioteca. Con algúns deses libros elaboramos unha guía de lectura que podedes abrir facendo clic na imaxe.





Elaboramos un calendario con imaxes relacionadas con distintas culturas. Así, de paso que marca o noso tempo, temos sempre presente determinados aspectos da cultura universal.
Podédelo ver e descargar clicando na imaxe.







Con este traballo feito en ARDORA queremos facer un percorrido por diferentes aspectos da cultura dos pobos.

Pretendemos que os PDI teñan carácter interdisciplinar, é dicir, que se contemplen desde as distintas materias curriculares. Deste xeito, podemos falar de auténticos proxectos integrados. Desde o departamento de Lingua Castelá e Literatura analizaremos, nun afondamento na nosa cultura,  como foi a escola dos nosos devanceiros, para que, coñecendo aquela, as súas carencias,  poidamos valorar, apreciar e coidar mellor o que temos actualmente.
Neste traballo plásmase a información que recolleu o noso alumnado dos seus maiores. A actividade completarase cunha exposición de materiais relacionados co sistema escolar dos nosos avós, tratando de reproducir unha escola da época.
Podedes acceder ao PDF (formato libro) clicando na imaxe.


No departamento de matemáticas investigaron o sistema de medidas empregado polos nosos maiores e apórtannos este traballo sobre o sistema monetario español.

Aquí tedes dúas presentacións feitas polo alumnado da materia de reforzo educativo  na aula de apoio. Unha sobre Romanía, como homenaxe aos escolares dese país que están no noso colexio, e outra sobre o deporte nacional dos distintos países.







Manuel 1º e.s.o
View more PowerPoint from bibliobaralla

No PIN (proxecto interdisciplinar) de 1º de ESO tamén se traballou o tema do PDI centrado nas Comunidades de España. A continuación, algúns dos traballos realizados.
 
Pin