Aquí vos presento un libro ben fermoso que podedes disfrutar na nosa biblioteca. Trátase de Tastarabás, a enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, de Antón Cortizas.
Di o propio autor "A natureza é como un gran comercio ou xoguetería".
Con esta gran obra os máis novos poden aprender a facer eles mesmos os seus xoguetes. Os menos novos lembrar anacos felices da nosa infancia donde, cunha simple navalla, dabamos vida aos máis engaiolantes enredos.
lunes, 10 de junio de 2013
lunes, 6 de mayo de 2013
Cine e Literatura
Algúns membros do Equipo de biblioteca estivemos elaborando estas páxinas sobre cine e literatura. Na primeira tedes unha selección de filmes sobre obras literarias para adultos e alumnado da ESO. Debaixo destas liñas tedes a ligazón á páxina para E. Infantil e E. primaria. Agardamos que vos sexan útiles as nosas recomendacións. Clicando nas imaxes ou nas ligazón, poderedes acceder ás paxinas.
martes, 23 de abril de 2013
A "peli" da túa vida
A "peli" da túa vida é un traballo colaborativo aberto a toda a comunidade educativa. Vén sendo unha recomendación daqueles filmes que deixaron unha impronta na nosa vida. Con esta actividade celebramos o "Día do libro".
viernes, 12 de abril de 2013
Aquí tedes un recurso útil, tanto para o alumnado como para o profesorado. Trátase dun banco de textos bastante completo froito dun traballo colaborativo de profesores de Cidade Real.
lunes, 8 de abril de 2013
Orfos de ti, José Luis
Esta semana comezamos tristes pola noticia do pasamento de José Luis Sampedro. As bibliotecas escolares sentímonos orfos del, da súa claridade de ideas e de saber expresalas como ninguén.
Sempre defendeu a lectura como xeito de saír da burricie xeral que parece imperar neste noso mundo cada vez máis convulso contra o que se indignou. Indignouse contra os inventores de dogmas represores para oprimir a Vida e sepultala.
Xa non teremos a José Luis pero quédannos as súas palabras como bálsamo para as nosas feridas e para lembrarnos que outro mundo é posible.
lunes, 18 de marzo de 2013
O galo e o raposo
Aquí tedes "O galo e o raposo", o segundo conto para o kamishibai elaborado polo equipo de biblioteca. Os protagonistas volven ser dous animais: o galo e o raposo, como en moitos outros contos de tradición oral. A ver se vos gusta. Se clicades na imaxe, teredes acceso ao documento en PDF. Para o kamishibai habería que imprimilo a doble cara en A3.
domingo, 24 de febrero de 2013
E-readers na biblioteca
O día 20 de febreiro fomos buscar a Santiago catro novos e-readers despois de participar na convocatoria do proxecto E-LBE, proxecto piloto para a incorporación de lectores electrónicos nas bibliotecas escolares. En principio só fomos seleccionados 25 centros dentro do PLAMBE das 327 solicitudes que se presentaron.
Estes catro e-readers da marca SONY, xunto cos cinco que xa temos adquirido, fan un total de nove. Teremos que ver que uso se lles vai dar para o que agardamos as vosas suxerencias.
Estes catro e-readers da marca SONY, xunto cos cinco que xa temos adquirido, fan un total de nove. Teremos que ver que uso se lles vai dar para o que agardamos as vosas suxerencias.
Cómpre diferenciar entre e-reader e e-book. O e-book é cada un dos arquivos que podemos meter no e-reader, para entendernos, o libro electrónico propiamente dito. O e-reader é o dispositivo de lectura de libros electrónicos, ou sexa, que se pode convertir nunha pequena biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






