miércoles, 19 de junio de 2013

Roteiro literario "Pola Mariña"

Como xa vén sendo habitual ao remate de cada curso, subimos ao blog o roteiro literario do club de lectura. Este ano foi pola Mariña. Comezamos en Mondoñedo, terra de poetas e de lendas ben fermosas. Logo fomos ao Valadouro onde visitamos a finca "A Galea" con moitos artiluxios movidos pola forza da auga. Ao día seguinte comezamos en San Miguel de Reinante visitando a casa que aparece en "de Profundis", a praia de As  Catedrais, Ribadeo, Castropol  (bar O Risón, relacionado cun libro de Gonzalo Moure) e Taramundi. Foron dúas xornadas ben fructíferas.

Folerpas 2012-13

Xa estamos a piques de rematar as clases, non sen antes ofrecervos a revista deste curso 2012-13 na que atoparedes a participación de todo o colexio. Estivo coordinada pola profesora Rufina Quiroga de Arriba,  pertencente ao equipo de biblioteca. Que disfrutedes coa súa lectura!!

lunes, 10 de junio de 2013

Tastarabás

Aquí vos presento un libro ben fermoso que podedes disfrutar na nosa biblioteca. Trátase de Tastarabás, a enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza,  de Antón Cortizas. Di o propio autor "A natureza é como un gran comercio ou xoguetería".  Con esta gran obra os máis novos poden aprender a facer eles mesmos os seus xoguetes. Os menos novos lembrar anacos felices da nosa infancia donde, cunha simple navalla, dabamos vida aos máis engaiolantes enredos.

lunes, 6 de mayo de 2013

Cine e Literatura


Algúns membros do Equipo de biblioteca estivemos elaborando estas páxinas sobre cine e literatura. Na primeira tedes unha selección de filmes sobre obras literarias para adultos e alumnado da ESO. Debaixo destas liñas tedes a ligazón á páxina para E. Infantil e E. primaria. Agardamos que vos sexan útiles as nosas recomendacións. Clicando nas imaxes ou nas ligazón, poderedes acceder ás paxinas.


martes, 23 de abril de 2013

A "peli" da túa vida



A "peli" da túa vida é un traballo colaborativo aberto a toda a comunidade educativa. Vén sendo unha recomendación daqueles filmes que deixaron unha impronta na nosa vida. Con esta actividade celebramos o "Día do libro".

viernes, 12 de abril de 2013

Aquí tedes un recurso útil, tanto para o alumnado como para o profesorado. Trátase dun banco de textos bastante completo froito dun traballo colaborativo de profesores de Cidade Real.

lunes, 8 de abril de 2013

Orfos de ti, José Luis

Esta semana comezamos tristes pola noticia do pasamento de José Luis Sampedro. As bibliotecas escolares sentímonos orfos del, da súa claridade de ideas e de saber expresalas como ninguén.
Sempre defendeu a lectura como xeito de saír da burricie xeral que parece imperar neste noso mundo cada vez máis convulso contra o que se indignou. Indignouse contra os inventores de dogmas represores para oprimir a Vida e sepultala.
Xa non teremos a José Luis pero quédannos as súas palabras como bálsamo para as nosas feridas e para lembrarnos que outro mundo é posible.