Para traballar no PDI, o equipo de biblioteca andivemos a buscar nos andeis libros relacionados co tema de "Criaturas fantásticas". Por certo que hai ben deles. Con eles fixemos dúas exposicións: unha para EI e EP e outra para a ESO. Tamén elaboramos unha bibliografía sobre literatura fantática, á que podedes acceder clicando na ligazón.
jueves, 24 de octubre de 2013
Exposición "Criaturas fantásticas"
martes, 1 de octubre de 2013
Guías de uso dos e-readers
A biblioteca conta con 11 e-readers de recente adquisición. Aquí tedes unha guía de utilización para cada un dos modelos dos que dispomos: BQ(3) e SONY(8).Convén botarlles un ollo antes de utilizar os aparellos.
miércoles, 18 de septiembre de 2013
Criaturas fantásticas
O PDI deste curso leva por título "Criaturas fantásticas", tendo en conta os resultados da enquisa que se pasou ao alumnado e profesorado do centro hai dous anos. Adentrarémonos, xa que logo, por este marabilloso mundo de dragóns, centauros, unicornios, elfos, ananos, meigas, demos, deuses, homes e mulleres lobo...e tantos outras xentes que non son xente para alimentar coas súas lecturas o noso espíritu. Boa viaxe e que os deuses vos sexan propicios!
jueves, 27 de junio de 2013
Antía Tacón García: toca teito na selectividade
A exalumna Antía Tacón García está, cun 9,8, entre as tres mellores notas da selectividade de toda Galicia. "Barallando saberes" quere felicitala e transmitirlle a ledicia de toda a comunidade educativa polo seu merecido éxito, baseado no traballo e na lectura. Así mesmo, agradecerlle a defensa que fai do ensino público: "se a educación non é pública, que o vai ser?", criterio que deberían seguir os políticos que nos gobernan.
O poder das palabras
O 31 de maio de 2013 celebráronse en Santiago as VI Xornadas dos clubs de lectura. Nesas xornadas participou o noso club de lectura, "Barallando libros", cunha comunicación titulada "O poder das palabras". A comunicación centrouse en como un club de lectura axuda á adquisición das competencias básicas. O marco da nosa intervención foi nunha Mesa de experiencias das catro provincias.
Aquí tedes o vídeo desa Mesa facilitado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.
miércoles, 19 de junio de 2013
Roteiro literario "Pola Mariña"
Como xa vén sendo habitual ao remate de cada curso, subimos ao blog o roteiro literario do club de lectura. Este ano foi pola Mariña. Comezamos en Mondoñedo, terra de poetas e de lendas ben fermosas. Logo fomos ao Valadouro onde visitamos a finca "A Galea" con moitos artiluxios movidos pola forza da auga. Ao día seguinte comezamos en San Miguel de Reinante visitando a casa que aparece en "de Profundis", a praia de As Catedrais, Ribadeo, Castropol (bar O Risón, relacionado cun libro de Gonzalo Moure) e Taramundi. Foron dúas xornadas ben fructíferas.
Folerpas 2012-13
Xa estamos a piques de rematar as clases, non sen antes ofrecervos a revista deste curso 2012-13 na que atoparedes a participación de todo o colexio. Estivo coordinada pola profesora Rufina Quiroga de Arriba, pertencente ao equipo de biblioteca. Que disfrutedes coa súa lectura!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




