Os nenos e nenas de terceiro e cuarto de EP e os seus profesores fixeron no entroido unha recreación das criaturas fantásticas: trasnos, faunos e ninfas. Lembrade que é o tema do PDI deste ano. Mirádeo neste vídeo. Barallando saberes agradece a vosa aportación ao Proxecto Documental. Parabéns!!
lunes, 17 de marzo de 2014
Criaturas fantásticas no entroido
lunes, 10 de marzo de 2014
8 de marzo
É moi importante celebrar o 8 de marzo nos centros educativos para conmemorar a loita histórica das mulleres pola igualdade e a liberdade. Hai moitos libros que poden axudarnos nesta tarefa. Aquí tedes uns exemplos.
viernes, 28 de febrero de 2014
Calendario do libro e da lectura
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Galega de Editores (AGE) publican un calendario profesional do libro e da lectura que pode servir para lembrarnos as efemérides relacionadas co libro e a lectura ou as datas das feiras do libro de Galicia.
lunes, 17 de febrero de 2014
Homenaxe a Delio
Como xa sabedes, o noso compañeiro Delio, coordinador da biblioteca durante moitísimos anos, xubilouse o pasado xoves. Como despedida fixémoslle unha pequena homenaxe. Aquí tedes o vídeo.
Ata sempre Delio, e grazas por todo.
viernes, 14 de febrero de 2014
Xa temos mascota
Pois xa está. Xa temos mascota para a biblioteca. Este foi o debuxo elexido. O autor é Miguel Méndez Rodríguez, de 1º de ESO.
En fin...que aquí lemos tod@s, ata o can e o gato.
domingo, 2 de febrero de 2014
Calendario Criaturas Fantásticas
Dentro do proxecto documental deste ano manexamos material (libros, murais, imaxes, poesías) co que elaboramos este calendario. De paso que marca o noso tempo ofrécenos imaxes e anacos de poemas sobre as criaturas fantásticas coas que percorremos universos infiitos. O documento está en PDF. Podédelo imprimir, cortar e montar o voso calendario.
Criaturas fantásticas e poesía
O equipo de biblioteca elaboramos esta pequena publicación sobre as criaturas fantásticas na poesía. Para acceder ao PDF podedes clicar na imaxe ou na ligazón do texto. Se o imprimides a doble cara, podedes facer un librín.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)



