viernes, 24 de octubre de 2014
viernes, 6 de junio de 2014
Club de lectura e criaturas fantásticas
A piques xa de rematar o curso e con el a nosa andaina co club de lectura, propoñémosvos estas actividades cos libros lidos este ano feitas en JCLIC, que nos han servir para autoavaliarnos. Se preferides ver en pantalla completa, picade na ligazón. En breve faremos a excursión que tiñamos programada e á volta teredes máis novas nosas. Ata logo.
viernes, 25 de abril de 2014
Primavera poética
Estamos a conmemorar "Abril, mes do libro", e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, cun mural que titulamos PRIMAVERA POÉTICA, "plantando" no corredor do cole unhas preciosas flores cheas de poesía.
miércoles, 19 de marzo de 2014
El príncipe de la niebla
No segundo trimestre, despois do bo sabor de boca que nos deixou a triloxía de "Los juegos del hambre", aventurámonos con outra. Neste caso dun autor español, Carlos Ruiz Zafón. Os libros en cuestión son "El príncipe de la niebla", "El palacio de la medianoche" e "Las luces de septiembre".
Como mediador que fun do club de lectura, dende a situación de xubilación, asumo os compromisos contraídos cos rapaces e rapazas do club así como con Isabel, a profesora que me substituíu. Sigo formando parte do club, aínda que non de xeito presencial.
Pois ben, coma no caso anterior, elaboramos unha presentación colectiva do primeiro libro da triloxía, da que veño de facer a montaxe. Podédela ver a continuación.
Los juegos del hambre
O primeiro libro que lemos este ano no club de lectura "Barallando libros" foi "Los juegos del hambre", de Suzanne Collins. Enganchounos de tal maneira que todos quixemos ler a triloxía enteira: Los juegos del hambre, En llamas e Sinsajo. Algúns aventurámonos tamén con Hermosas criaturas. Este curso estamos a ler libros coa temática do PDI "Criaturas fantásticas". Por certo, nesta triloxía hai ben delas.
Elaboramos unha presentación co primeiro libro da triloxía que podedes ver seguidamente. Cada lector/a encargouse dunha diapositiva.
lunes, 17 de marzo de 2014
Criaturas fantásticas no entroido
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto de EP e os seus profesores fixeron no entroido unha recreación das criaturas fantásticas: trasnos, faunos e ninfas. Lembrade que é o tema do PDI deste ano. Mirádeo neste vídeo. Barallando saberes agradece a vosa aportación ao Proxecto Documental. Parabéns!!
lunes, 10 de marzo de 2014
8 de marzo
É moi importante celebrar o 8 de marzo nos centros educativos para conmemorar a loita histórica das mulleres pola igualdade e a liberdade. Hai moitos libros que poden axudarnos nesta tarefa. Aquí tedes uns exemplos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)