martes, 24 de febrero de 2015

CONTA CONTOS

O pasado venres 20 de febreiro o noso alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria puido disfrutar dunha divertida e amena sesión de conta contos a cargo de Alex e Patri, de Kalandraka.

viernes, 5 de diciembre de 2014

BO NADAL

O equipo de biblioteca deséxalles unhas felices festas.

viernes, 6 de junio de 2014

Club de lectura e criaturas fantásticas

A piques xa de rematar o curso e con el a nosa andaina co club de lectura, propoñémosvos estas actividades cos libros lidos este ano feitas en JCLIC, que nos han servir para autoavaliarnos. Se preferides ver en pantalla completa, picade na ligazón. En breve faremos a excursión que tiñamos programada e á volta teredes máis novas nosas. Ata logo.






viernes, 25 de abril de 2014

Primavera poética

Estamos a conmemorar "Abril, mes do libro", e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, cun mural que titulamos PRIMAVERA POÉTICA, "plantando" no corredor do cole unhas preciosas flores cheas de poesía.