domingo, 16 de diciembre de 2012

Kamishibai "O lobo e a ovella"


Kamishibai soa un pouco raro. É o termo xaponés para referirse a un tipo de teatriño con debuxos. Bibliotecas Escolares ofreceunos a posibilidade de contar con un,  sempre e cando lle desemos uso. Pois aquí estamos co primeiro traballo elaborado para este soporte: "O lobo e a ovella". Penso que encaixa perfectamente co tema do proxecto documental deste ano. Non é cine, pero case.
Lembro que de neno me contaban este conto e a min entusiamábame. Pidíalles que mo contasen unha e outra vez. Nunca o vin publicado en ningunha editorial, e paréceme estraño porque seica os contos son universais.Os debuxos son de Ana Pardo coa que colaboramos máis persoas da comunidade escolar. O texto poderíase considerar como popular.  
Se clicades na imaxe ou na ligazón, teredes acceso ao documento en PDF.  Que gocedes del coma min.
Delio.

Guía de lectura 2012


Aquí chega a nosa cita anual coa guía de lectura para o nadal. Pretendemos con ela orientar ao noso alumnado e aos seus pais e nais á hora de escoller un libro como agasallo. Na guía deste ano tamén hai películas porque está relacionada co tema que traballamos este curso: "Cine e Literatura".Se clicades na imaxe ou na ligazón, poderedes acceder á guía en formato PDF.  Bo nadal e fructíferas lecturas.

Cine e Literatura




O tema do Proxecto Documental deste curso é "Cine e Literaura" e fixándonos especialmente nos comics no tocante á Literatura. O mural motivador é un traballo colaborativo de todo o colexio e ten o formato de cómic.


Con este tema aproveitamos para aumentar os fondos da nosa biblioteca en canto a películas e curtas sobre obras literarias. Iremos subindo todos os traballos que se xeneren durante o curso. 
O equipo de biblioteca considera oportuno que teñades ao voso dispor as ligazóns a documentos importantes sobre o tema. Iremos actualizando as ligazóns segundo vaiamos atopando cousas interesantes. Contamos coas vosas suxerencias.
Ligazóns de interese:

As mellores películas sobre educación.

Blogues de centros de ensino  sobre cine:

Bibliotecacotarelocine

martes, 26 de junio de 2012

Roteiro Fiz Vergara Vilariño

O día 20 de xuño fixemos a viaxe programada do noso club de lectura. Agardamos ata esa data para facer a excursión relaxados/as, co curso xa rematado. A experiencia deixou en todos nós un bo sabor de boca, non só polo xantar, que tamén, senón polas imaxes que gardaremos para sempre nas nosas retinas.
Fiz Vergara Vilariño é o poeta da Lóuzara Xiabreira, como el lle chama á súa terra. A vida foi unha cabrona con el negándolle o máis incuestionable do ser humano: o amor. Fiz cántalle a este amor soñado e nunca tido no marco incomparable da natureza louzariña con palabras puras e sinceras.
Con este roteiro queremos render homenaxe a unha persoa que sufriu os sensabores da vida e que só atopou na poesía consolo para os seus males. Di D. Xesús Alonso Montero que fixo literatura como defensa contra as ofensas da vida.
Aquí tedes unha reportaxe gráfica deste roteiro:

jueves, 7 de junio de 2012

 
"Folerpas" é o título da revista que facemos no colexio desde o equipo de biblioteca. Un dos seus membros encárgase da súa  coordinación e maquetación. Xa imos polo número 33. Aquí tedes "Folerpas"... aínda que sexa no mes de xuño.

miércoles, 9 de mayo de 2012

Día de Europa

O día 9 de maio celébrase o día de Europa. Barallando Saberes proponvos a composición dun puzle sobre o vello continente.Se o facedes correctamente e tedes o son activado, agárdavos unha sorpresa. Xogamos? Facede clic na imaxe e accederedes ao puzle.


lunes, 23 de abril de 2012

Día do libro

Este ano,  para celebrar o día do libro, fixemos un traballo colectivo entre toda a Comunidade Escolar. Está incardinado no Proxecto Documental Integrado "CULTURAS DO MUNDO" Trátase dunha exposición sobre a escola dos nosos devanceiros.
Consta de tres partes fundamentais:
1. Os libros da memoria.
2. Exposición "Libros da memoria".
3. A escola da memoria.
Como o traballo é de toda a Comunidade Escolar, subímolo ao blogue da biblioteca para que se poida disfrutar desde aí.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración. 

1. Libros da memoria. Algunhas das persoas participantes deixaron constancia dos seus comezos no mundo da lectura.





2. Exposición "Libros da memoria". Diversos materiais como libros, cadernos e útiles escolares.




3. Escolas da memoria. Imaxes da escola doutra época. Predominan as fotos de grupos de escolares.


Aquí podedes ver unha presentación con imaxes das distintas partes: