Aquí tedes "O galo e o raposo", o segundo conto para o kamishibai elaborado polo equipo de biblioteca. Os protagonistas volven ser dous animais: o galo e o raposo, como en moitos outros contos de tradición oral. A ver se vos gusta. Se clicades na imaxe, teredes acceso ao documento en PDF. Para o kamishibai habería que imprimilo a doble cara en A3.
lunes, 18 de marzo de 2013
domingo, 24 de febrero de 2013
E-readers na biblioteca
O día 20 de febreiro fomos buscar a Santiago catro novos e-readers despois de participar na convocatoria do proxecto E-LBE, proxecto piloto para a incorporación de lectores electrónicos nas bibliotecas escolares. En principio só fomos seleccionados 25 centros dentro do PLAMBE das 327 solicitudes que se presentaron.
Estes catro e-readers da marca SONY, xunto cos cinco que xa temos adquirido, fan un total de nove. Teremos que ver que uso se lles vai dar para o que agardamos as vosas suxerencias.
Estes catro e-readers da marca SONY, xunto cos cinco que xa temos adquirido, fan un total de nove. Teremos que ver que uso se lles vai dar para o que agardamos as vosas suxerencias.
Cómpre diferenciar entre e-reader e e-book. O e-book é cada un dos arquivos que podemos meter no e-reader, para entendernos, o libro electrónico propiamente dito. O e-reader é o dispositivo de lectura de libros electrónicos, ou sexa, que se pode convertir nunha pequena biblioteca.
miércoles, 30 de enero de 2013
Unha escritora de L.I.X. na Academia
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na
Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura
infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,
escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre
asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos
de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que
entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á
escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
(Informacion tirada de Rede Lectura da Asesoría de Bibliotecas Escolares)
É a nosa particular homenaxe a esta autora que tan bos momentos nos fai pasar cos seus libros. Aquí podedes consultar os que temos dela na nosa biblioteca, por se queredes ler algún.
martes, 29 de enero de 2013
Club de lectura 2012-13
Este curso seguiremos co club de lectura. Todo o alumado de 3º de ESO está inscrito nel. Tentaremos traballar a temática do PDI "Cine e Literatura". Deste xeito, simultanearemos a lectura de libros co visionado dos filmes feitos sobre eles.
Comezamos vendo a película "Diarios de la calle", que reflicte o ambiente marxinal e o fracaso escolar e social do alumnado que o sofre. A profesora recoméndalles ler o "Diario de Ana Frank" para facerlles ver que aínda se pode estar peor. Ese será tamén o segundo libro que leremos e a posibilidade do visionado do filme.
O terceiro libro e película, "Luna de lobos" segue polos mesmos derroteiros, aínda que neste caso a marxinación non é de tipo racial senón ideolóxica.Clicando nas imaxes ou ligazóns podedes acceder aos traballos que preparamos sobre os libros e filmes. A continuación tedes un deles.
jueves, 17 de enero de 2013
Calendario "Cine e Literatura"
Dentro do proxecto documental integrado deste ano, elaboramos este almanaque que nos lembrará cunha película ou co libro correspondente a celebración máis importante de cada mes.Clicando na imaxe ou na ligazón poderedes acceder ao documento en PDF. Que teñades, xa que logo, un bo ano de cine e literatura.
domingo, 16 de diciembre de 2012
Kamishibai "O lobo e a ovella"
Kamishibai soa un pouco raro. É o termo xaponés para referirse a un tipo de teatriño con debuxos. Bibliotecas Escolares ofreceunos a posibilidade de contar con un, sempre e cando lle desemos uso. Pois aquí estamos co primeiro traballo elaborado para este soporte: "O lobo e a ovella". Penso que encaixa perfectamente co tema do proxecto documental deste ano. Non é cine, pero case.
Lembro que de neno me contaban este conto e a min entusiamábame. Pidíalles que mo contasen unha e outra vez. Nunca o vin publicado en ningunha editorial, e paréceme estraño porque seica os contos son universais.Os debuxos son de Ana Pardo coa que colaboramos máis persoas da comunidade escolar. O texto poderíase considerar como popular.
Se clicades na imaxe ou na ligazón, teredes acceso ao documento en PDF. Que gocedes del coma min.
Delio.
Se clicades na imaxe ou na ligazón, teredes acceso ao documento en PDF. Que gocedes del coma min.
Delio.
Guía de lectura 2012
Aquí chega a nosa cita anual coa guía de lectura para o nadal. Pretendemos con ela orientar ao noso alumnado e aos seus pais e nais á hora de escoller un libro como agasallo. Na guía deste ano tamén hai películas porque está relacionada co tema que traballamos este curso: "Cine e Literatura".Se clicades na imaxe ou na ligazón, poderedes acceder á guía en formato PDF. Bo nadal e fructíferas lecturas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







