lunes, 18 de junio de 2018

Visita ilustradora.





Tivemos a visita da ilustradora Sofía Prósper,
 que realizou un taller para todo infantil e primaria.

miércoles, 18 de abril de 2018

As mulleres dos meus libros.

Mural feito pola compañeira de primaria e ilustradora Ana Pardo, coa colaboración de todos os cursos do centro.

martes, 17 de abril de 2018

Club de Lectura Barallando Libros

Velaí vai unha pequena recopilación das actividades realizadas polo Club en colaboración co EDLG no segundo trimestre:

Desta volta as curtametraxes proxectadas en prol da promoción da lectura de contidos audiovisuais en galego, foron elixidas pola súa sensibilidade e concienciación co mundo feminino e diverso; creacións realizadas por mulleres e dirixidas a un público xove que, iso sí, debe estar disposto a pensar e cuestionar a realidade que o rodea. 
Coa súa proxeción quixemos conmemorar o día da Muller Traballadora.  

Bata por fóra (muller por dentro) de Claudia Brenlla para o alumnado de 4º e 3º da ESO



Bechos raros, de  Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes, para o alumnado de 1º e 2º de ESO


Logo de ambas proxecións o alumnado puido reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual, e deixar reflectidas as súas inquedanzas en diferentes murais.

E na sección de Concurso, aquí tedes os vídeos coas poesías recitadas polas nosas participantes de honor do RecitalSelfy! 

Grazas pola vosa  participación e valentía rapazas! 

Lucía García Fernández, 3º ESO. Cantiga. Manuel Curros Enríquez. 
Preme nesta imaxe para velo:


https://www.youtube.com/watch?v=smgokIyWY6Q



Uxía Fernández Pombo, 4º ESO. Agora que gastei os meus outonos. Manuel Antonio.
Preme nesta imaxe para velo:

https://www.youtube.com/watch?v=Uj_LKXw1sFw


E como non, o club de lectura de secundaria, cos seus nove integrantes, segue a reunirse os mércores na hora do recreo. Por suposto estades tod@s invitad@s!!!