jueves, 27 de junio de 2013

Antía Tacón García: toca teito na selectividade

A exalumna Antía Tacón García está,  cun 9,8,  entre as tres mellores notas da selectividade de toda Galicia. "Barallando saberes" quere felicitala e transmitirlle a ledicia de toda a comunidade educativa polo seu merecido éxito, baseado no traballo e na lectura.  Así mesmo,  agradecerlle a defensa que fai do ensino público:  "se a educación non é pública,  que o vai ser?", criterio que deberían seguir os políticos que nos gobernan.

O poder das palabras

O 31 de maio de 2013 celebráronse en Santiago as VI Xornadas dos clubs de lectura. Nesas xornadas participou o noso club de lectura, "Barallando libros", cunha comunicación titulada "O poder das palabras". A comunicación centrouse en como un club de lectura axuda á adquisición das competencias básicas. O marco da nosa intervención foi nunha Mesa de experiencias das catro provincias.
Aquí tedes o vídeo desa Mesa facilitado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

miércoles, 19 de junio de 2013

Roteiro literario "Pola Mariña"

Como xa vén sendo habitual ao remate de cada curso, subimos ao blog o roteiro literario do club de lectura. Este ano foi pola Mariña. Comezamos en Mondoñedo, terra de poetas e de lendas ben fermosas. Logo fomos ao Valadouro onde visitamos a finca "A Galea" con moitos artiluxios movidos pola forza da auga. Ao día seguinte comezamos en San Miguel de Reinante visitando a casa que aparece en "de Profundis", a praia de As  Catedrais, Ribadeo, Castropol  (bar O Risón, relacionado cun libro de Gonzalo Moure) e Taramundi. Foron dúas xornadas ben fructíferas.

Folerpas 2012-13

Xa estamos a piques de rematar as clases, non sen antes ofrecervos a revista deste curso 2012-13 na que atoparedes a participación de todo o colexio. Estivo coordinada pola profesora Rufina Quiroga de Arriba,  pertencente ao equipo de biblioteca. Que disfrutedes coa súa lectura!!

lunes, 10 de junio de 2013

Tastarabás

Aquí vos presento un libro ben fermoso que podedes disfrutar na nosa biblioteca. Trátase de Tastarabás, a enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza,  de Antón Cortizas. Di o propio autor "A natureza é como un gran comercio ou xoguetería".  Con esta gran obra os máis novos poden aprender a facer eles mesmos os seus xoguetes. Os menos novos lembrar anacos felices da nosa infancia donde, cunha simple navalla, dabamos vida aos máis engaiolantes enredos.