viernes, 14 de diciembre de 2018

Homiño de mazapán

Na última sesión de contacontos do ano 2018, o protagonista foi Iván, de 2º de primaria, co conto “Homiño de mazapán”.
No seguinte vídeo podedes ver como se desenvolveu durante o tempo de lecer de hoxe venres. 



viernes, 30 de noviembre de 2018

Cuando un elefante se enamora


A contacontos de hoxe foi Julia, de 2º de primaria, co conto “cuando un elefante se enamora”. A todos os presentes enganchounos moito esta historia. Compartimos con vós eses momentos vividos no tempo de lecer.

A seguinte sesión de contacontos será xa no mes de decembro.

viernes, 23 de noviembre de 2018

A viaxe de mamá


Como cada venres, durante o tempo de lecer, disfrutamos dunha sesión de contacontos. A protagonista desta semana foi Lucía, de 6º de primaria, co conto “a viaxe de mamá”



O alumnado da ESO levaba moitos recreos de dedicación no espazo da biblioteca destinado aos puzzles, e aquí podemos ver o resultado. 



A semana que vén volvemos en…Barallo Saberes.

viernes, 16 de noviembre de 2018

Sesión de contacontos


Hoxe o protagonista do contactontos foi Éder, de 5º de primaria, co conto “o año que é un porquiño”.
 

 Deixámosvos tamén un vídeo sobre o funcionamento da biblioteca durante os períodos de lecer.
 

A semana que vén volvemos en…Barallo Saberes.

domingo, 11 de noviembre de 2018

Os esqueletos divertidos



Este pasado venres conmemorando o Samaín disfrutamos do conto “os esqueletos divertidos”. Deixámosvos unha pequena mostra deses momentos. 


Podedes ver tamén como o colexio nos últimos días foise apoderando dun ambiente terrorífico, así como a celebración do magosto.

Para a semana, unha nova entrada en Barallando saberes para que coñezades todas as actividades que se realizan na nosa biblioteca.

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Comezou o club de lectura e...este venres, conto terrorífico


A semana pasada comezou o club de lectura en secundaria; en primaria fíxoo hoxe co libro “un pesadelo no armario”. Foi unha sesión cunha gran participación, moi divertida, que mantivo intrigado ao alumnado. Non perdades detalle do acontecido no seguinte vídeo.  

Este venres, un conto terrorífico invadirá a biblioteca: “os esqueletos divertidos”. Xa está todo preparado, respírase un ambiente de medo.


O venres compartiremos con vós esta sesión de contacontos e poderedes ver o ambiente terrorífico que invadiu o centro nos últimos días.
Xa sabedes: Seguídenos en…barallando saberes.