miércoles, 24 de octubre de 2018

Inauguración da biblioteca



Hoxe, mércores 24 de outubro, conmemoración do día das bibliotecas escolares, inauguramos a nosa biblioteca.
O alumnado, tanto de primaria como de secundaria, coñeceu a renovada cara que presenta e xa poden disfrutar dos recunchos.
Como benvida, nenos e nenas de 5º e 6º contáronlles dous contos aos seus compañeiros a través do kamishibai: “O lobo e a ovella” – “O galo e o raposo”.
Isto soamente foi o comezo, porque dende a próxima semana, cada venres durante o tempo de lecer, haberá unha sesión de contacontos. Tamén está a punto de poñerse en marcha o club de lectura.
Moitas son as novidades que se poderán vivir na biblioteca.
Seguídenos en…barallando saberes.

viernes, 19 de octubre de 2018

Inauguración da biblioteca


Comeza a conta atrás…
O próximo mércores, día 24,  inauguración da biblioteca.
Alumnado de 5º e 6º de primaria contaranlles un conto ao resto de compañeiros/as empregando o kamishibai.
No vídeo podedes ver a evolución da biblioteca nesta última semana. Está case todo a punto…
Seguídenos en…barallando saberes.

viernes, 12 de octubre de 2018

A biblioteca escolar abre as súas portas


Benvidos e benvidas a un novo curso escolar en barallando saberes.
Cada 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares. Celébrase dende o ano 1997 en homenaxe á destrución da biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.
Así que, despois dun mes de traballo intenso, o próximo día 24, a biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno abrirá as súas portas cunha renovada estrutura.
Contará con diferentes recunchos:
Lectura para o alumnado de educación infantil / Legos / Xadrez / Zona de estudio / Informática / Zona de xogos de mesa, de pensar… / Fonoteca / Retos matemáticos.
Estamos traballando para que todo estea a punto ese día. Podedes ver no vídeo un pequeno anticipo.
Ao longo do curso tamén realizaremos diferentes actividades: maletas viaxeiras, clubs de lectura, escape room…
Isto soamente acaba de arrancar. Seguídenos en barallando saberes para descubrir todas as aventuras que se vivirán na biblioteca, un lugar máxico para aprender.
Rematamos co lema que a Consellería propón ás bibliotecas para este curso:
Poéticas diversas na biblioteca escolar.