O noso é un mundo violento. Cada día despertámonos cunha imaxe de violencia: políticos lanzándose as cadeiras no Parlamento, empurróns e pelexas nos estadios de fútbol, acoso escolar nos centros de ensino...conflictos por todas partes, froito da inxustiza, a exclusión e a vulneración dos dereitos dos demais, que impiden a convivencia pacífica.
Pensamos que a violencia é evitable se non só nos abandeiramos cos dereitos, senón tamén coas obrigas; se resolvemos os conflictos co diálogo, con alternativas, se temos en conta a reciprocidade...se chegamos a acordos que nos permitan convivir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario