A Revista Galega de Educación, publicación de Nova Escola Galega vén de publicar no número 48 un monográfico sobre Bibliotecas Escolares coordinado polas asesoras de Bibliotecas, Cristina Novoa e Pilar Sampedro. Nesta revista colaboran varios centros do PLAMBE, entre eles o noso co artículo "Proxectos documentais integrados".
Esta publicación está ao voso dispor na biblioteca do centro e este número constitúe un documento de referencia para visualizar o panorama do que se está a facer no noso país nas Bibliotecas Escolares. Inclúe unha listaxe de recursos bibliográficos impresos e electrónicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario