A nosa profesora de lingua galega e xefa de estudos de secundaria Belén Pérez Aldáriz, recolleu a pasada fin de semana en Madrid o primeiro premio do certame literario infantil El cuentagotas, da Fundación Canal, co relato Marusía.
Con motivo do día universal do neno, a Compañía Illana de teatro levou a cabo a lectura teatralizada dos contos ganadores e posteriormente fíxose entrega dos premios. Os cinco relatos inclúense nunha publicación para nenos e nenas de 8 e 12 anos fermosamente ilustrada, á que podedes aceder aquí
Invitámosvos a disfrutar con Marusía!
Noraboa Belén!
No hay comentarios:
Publicar un comentario