martes, 17 de abril de 2018

Club de Lectura Barallando Libros

Velaí vai unha pequena recopilación das actividades realizadas polo Club en colaboración co EDLG no segundo trimestre:

Desta volta as curtametraxes proxectadas en prol da promoción da lectura de contidos audiovisuais en galego, foron elixidas pola súa sensibilidade e concienciación co mundo feminino e diverso; creacións realizadas por mulleres e dirixidas a un público xove que, iso sí, debe estar disposto a pensar e cuestionar a realidade que o rodea. 
Coa súa proxeción quixemos conmemorar o día da Muller Traballadora.  

Bata por fóra (muller por dentro) de Claudia Brenlla para o alumnado de 4º e 3º da ESO



Bechos raros, de  Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes, para o alumnado de 1º e 2º de ESO


Logo de ambas proxecións o alumnado puido reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual, e deixar reflectidas as súas inquedanzas en diferentes murais.

E na sección de Concurso, aquí tedes os vídeos coas poesías recitadas polas nosas participantes de honor do RecitalSelfy! 

Grazas pola vosa  participación e valentía rapazas! 

Lucía García Fernández, 3º ESO. Cantiga. Manuel Curros Enríquez. 
Preme nesta imaxe para velo:


https://www.youtube.com/watch?v=smgokIyWY6Q



Uxía Fernández Pombo, 4º ESO. Agora que gastei os meus outonos. Manuel Antonio.
Preme nesta imaxe para velo:

https://www.youtube.com/watch?v=Uj_LKXw1sFw


E como non, o club de lectura de secundaria, cos seus nove integrantes, segue a reunirse os mércores na hora do recreo. Por suposto estades tod@s invitad@s!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario