Benvidos e benvidas a un novo curso escolar en barallando
saberes.
Cada 24 de outubro
conmemórase o Día das Bibliotecas
Escolares. Celébrase dende o ano 1997 en homenaxe á destrución da
biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.
Así que, despois dun mes de traballo intenso, o próximo día 24, a biblioteca do CPI Luís
Díaz Moreno abrirá as súas portas cunha renovada estrutura.
Contará con diferentes recunchos:
Lectura para o alumnado de educación infantil / Legos /
Xadrez / Zona de estudio / Informática / Zona de xogos de mesa, de pensar… /
Fonoteca / Retos matemáticos.
Estamos traballando para que todo estea a punto ese día.
Podedes ver no vídeo un pequeno anticipo.
Ao longo do curso tamén realizaremos diferentes actividades: maletas viaxeiras, clubs de
lectura, escape room…
Isto soamente acaba de arrancar. Seguídenos en barallando saberes para descubrir todas as aventuras
que se vivirán na biblioteca, un lugar máxico para aprender.
Rematamos co lema que a Consellería propón ás bibliotecas
para este curso:
Poéticas diversas na biblioteca escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario