A biblioteca viviu unha semana intensa coas seguintes actividades:
Descubrimos unha nova afección do alumnado da ESO: pintar mandalas.
Desenvolveuse a segunda
sesión do Club de Lectura con 5º e 6º de Primaria. O libro Escarlatina, a cociñeira defunta foi o
centro de atención.
Como cada venres, tivo lugar a sesión de contacontos. Tocoulle a Darío de 6º de Primaria, que a través do kamishibai, contounos o gato
con botas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario