Nestas dúas últimas semanas, dende o club de lectura, o kamishibai foi o protagonista:
O mércores, 30 de xaneiro, os nenos e nenas de 3º e 4º
descubriron a súa orixe, o significado da palabra, así como normas e trucos
para usalo.
O 6 de febreiro, tocoulle ao alumnado de 1º e 2º coñecelo
de cerca. Encantoulles este “teatro de papel” oriental. Aprenderon que o seu
manexo require práctica, tempo e varias lecturas previas para familiarizarse co
conto antes de expoñelo en público. Agora, ademais de seguir disfrutando do
kamishibai, saberán apreciar a súa arte.
O alumnado de 5º e 6º centrouse nas aventuras dos
protagonistas do libro Román e
Escarlatina, mentres degustaron as madalenas feitas segundo a primeira
receita do libro.
Por outra lado, a sesión
de contacontos deste pasado venres, día 8, tivo como protagonista a Jenny
de 3º de primaria, co conto a sopa
queima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario