O pasado luns o alumnado de 6º de primaria realizou unha sesión de
"contacontos" . Todos disfrutamos moitísimo coas súas lecturas, e
Camaleo marchou moi contento.
lunes, 19 de diciembre de 2016
lunes, 28 de noviembre de 2016
Marusía, de Belén Pérez gana o VI premio de literatura infantil El cuentagotas, da Fundación Canal.
A nosa profesora de lingua galega e xefa de estudos de secundaria Belén Pérez Aldáriz, recolleu a pasada fin de semana en Madrid o primeiro premio do certame literario infantil El cuentagotas, da Fundación Canal, co relato Marusía.
Con motivo do día universal do neno, a Compañía Illana de teatro levou a cabo a lectura teatralizada dos contos ganadores e posteriormente fíxose entrega dos premios. Os cinco relatos inclúense nunha publicación para nenos e nenas de 8 e 12 anos fermosamente ilustrada, á que podedes aceder aquí
Invitámosvos a disfrutar con Marusía!
Noraboa Belén!
jueves, 24 de noviembre de 2016
Lecturas recomendadas Nadal 2016. Literatura clásica.
martes, 4 de octubre de 2016
TERRITORIO DAS ARTES E LITERATURA CLÁSICA
Este curso o lema escollido para as bibliotecas escorales é "Territorio das Artes"
O cartel deste ano foi creado pola ilustradora Minia Regos, e convídasenos a explorar o mundo artístico a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, a escultura, as artes visuais... e indagar na nosa parte creativa.
Dende a biblioteca deste centro, e como lema anual, exploraremos o territorio das artes achegándonos a el dende a A Literatura Clásica, pedra angular da nosa literatura occidental. Os heroes, mitos e deuses terán un protagonismo especial, pero tamén o terá o teatro, ao que as culturas clásicas daban gran importancia, como tamén llo daban á exaltación da beleza nas artes, ou ás virtudes e defectos da natureza humana (fortaleza, celos, envexa, rencor...) e que ademais tan ben souperon recoller tanto a través da poesía como das traxedias.
ENCONTRO CO ESCRITOR MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ
O alumnado de 3º, 4º ,5º e 6º de Educación Primaria disfrutou onte dun encontro co escritor Miguel Ángel Alonso Diz, organizado polo Club de Lectura Barallando Libros.
Puideron coñecer de primeira man o proceso creador do conto "A nena á que non deixaban ser feliz", dende as primeiras ideas de inspiración ata os pasos implicados na edición. O alumnado disfrutou desta actividade didáctica traballando previamente na aula o conto, e durante o encontro co escritor preguntándolle con curiosidade polo seu proceso creador.
jueves, 2 de junio de 2016
SESIÓN DE CONTACONTOS DE KALANDRAKA
A principios de
Xuño tivemos unha sesión de
contacontos coa vista do actor, músico e
narrador PACO NOGUEIRAS a partir da obra
CANTAROLAS de Xosé Neira Vilas, para o alumnado de educación infantil e educación primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









