sábado, 19 de enero de 2019

Actividades da biblioteca nos últimos días


A biblioteca viviu unha semana intensa coas seguintes actividades:
Descubrimos unha nova afección do alumnado da ESO: pintar mandalas.

Desenvolveuse a segunda sesión do Club de Lectura con 5º e 6º de Primaria. O libro Escarlatina, a cociñeira defunta foi o centro de atención. 

Como cada venres, tivo lugar a sesión de contacontos. Tocoulle a Darío de 6º de Primaria, que a través do kamishibai, contounos o gato con botas. 



viernes, 11 de enero de 2019

A horta de Simón


Como cada venres, a sesión de contacontos volveu á biblioteca no tempo de lecer. Elia, de 2º de primaria, tívonos moi intrigados coa Horta de Simón.
Deixámosvos un anaco do acontecido esta mañá. 

 

viernes, 14 de diciembre de 2018

Homiño de mazapán

Na última sesión de contacontos do ano 2018, o protagonista foi Iván, de 2º de primaria, co conto “Homiño de mazapán”.
No seguinte vídeo podedes ver como se desenvolveu durante o tempo de lecer de hoxe venres. 



viernes, 30 de noviembre de 2018

Cuando un elefante se enamora


A contacontos de hoxe foi Julia, de 2º de primaria, co conto “cuando un elefante se enamora”. A todos os presentes enganchounos moito esta historia. Compartimos con vós eses momentos vividos no tempo de lecer.

A seguinte sesión de contacontos será xa no mes de decembro.

viernes, 23 de noviembre de 2018

A viaxe de mamá


Como cada venres, durante o tempo de lecer, disfrutamos dunha sesión de contacontos. A protagonista desta semana foi Lucía, de 6º de primaria, co conto “a viaxe de mamá”. 



O alumnado da ESO levaba moitos recreos de dedicación no espazo da biblioteca destinado aos puzzles, e aquí podemos ver o resultado. 



A semana que vén volvemos en…Barallo Saberes.

viernes, 16 de noviembre de 2018

Sesión de contacontos


Hoxe o protagonista do contactontos foi Éder, de 5º de primaria, co conto “o año que é un porquiño”.
 

 Deixámosvos tamén un vídeo sobre o funcionamento da biblioteca durante os períodos de lecer.
 

A semana que vén volvemos en…Barallo Saberes.