domingo, 24 de febrero de 2013

E-readers na biblioteca



O día 20 de febreiro fomos buscar a Santiago catro novos e-readers despois de participar na convocatoria do proxecto E-LBE, proxecto piloto para a incorporación de lectores electrónicos nas bibliotecas escolares. En principio só fomos seleccionados 25 centros dentro do PLAMBE das 327 solicitudes que se presentaron.
Estes catro e-readers da marca SONY, xunto cos cinco que xa temos adquirido, fan un total de nove. Teremos que ver que uso se lles vai dar para o que agardamos as vosas suxerencias.
Cómpre diferenciar entre e-reader e e-book. O e-book é cada un dos arquivos que podemos meter no e-reader, para entendernos, o libro electrónico propiamente dito. O e-reader é o dispositivo de lectura de libros electrónicos, ou sexa, que se pode convertir nunha pequena biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario