miércoles, 19 de junio de 2013

Roteiro literario "Pola Mariña"

Como xa vén sendo habitual ao remate de cada curso, subimos ao blog o roteiro literario do club de lectura. Este ano foi pola Mariña. Comezamos en Mondoñedo, terra de poetas e de lendas ben fermosas. Logo fomos ao Valadouro onde visitamos a finca "A Galea" con moitos artiluxios movidos pola forza da auga. Ao día seguinte comezamos en San Miguel de Reinante visitando a casa que aparece en "de Profundis", a praia de As  Catedrais, Ribadeo, Castropol  (bar O Risón, relacionado cun libro de Gonzalo Moure) e Taramundi. Foron dúas xornadas ben fructíferas.

1 comentario:

  1. Para a próxima esperámosvos por Cervo, aquí tamén temos moitas cousiñas fermosas para visitar!! Unha aperta!
    María.Encargada da biblioteca Ceip de Cervo.
    http://bibliocervo.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar