Panos brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun caborco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!
(Novoneyra. Os Eidos)
Pois...iso. A natureza lémbranos que o nadal está ás portas e Barallando saberes tamén é fiel coa súa cita ineludible coa lectura. Aquí tedes a guía de lectura deste nadal 2013 para que o celebredes lendo historias fantásticas e, así, aumentar a vosa intelixencia. Non o digo eu, dío Einstein.
Bo nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario