lunes, 17 de febrero de 2014

Homenaxe a Delio

Como xa sabedes, o noso compañeiro Delio, coordinador da biblioteca durante moitísimos anos, xubilouse o pasado xoves. Como despedida fixémoslle unha pequena homenaxe. Aquí tedes o vídeo.
Ata sempre Delio, e grazas por todo.



6 comentarios:

  1. Benquerido Delio, dende O Segrel unha aperta forte, forte e os nosos mellores desexos nesta nova andaina "xubilosa". Foi un verdadeiro pracer compartir proxectos e soños arredor da biblioteca escolar. Bicos

    ResponderEliminar
  2. Dende Malpica todo o noso cariño e recoñecemento para a profesionalidade deste profesor exemplar.
    A millor homenaxe e recoller todo o seu legado e facelo medrar porque as persoas pasamos pero as institucións quedan e a educación é un traballo que non ten fin.
    Mestres entregados á educación no rural. Nesto, Delio9 tamén foi un exemplo a seguir.
    Apertas cariñosas.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa, Delio, pola túa traxectoria profesional, por esa merecida homenaxe e pola fermosa etapa que agora inicias.
    Moitas grazas pola túa axuda. Apertas desde Rábade.

    ResponderEliminar
  4. Delio, dende Valdeorras onde hai ben pouco tivemos a sorte de contar coas túas achegas, queremos mandar un moi cariñoso saúdos e desexarte unha moi feliz xubilación.
    Esperamos seguir contando coa túa inestimable colaboración e que a biblioteca de Baralla siga a ser o referente que é hoxe.

    ResponderEliminar
  5. Moita sorte nesta nova andaina que tes por diante, seguro que tan fructífera como esta que agora remata. Foi un pracer coñecerte e aprender tanto de ti. Dende a biblioteca "Fiz Vergara Vilariño" do IES "Gregorio Fernández" de Sarria, recibe unha forte aperta de Raquel Arias

    ResponderEliminar
  6. Dende Viveiro despedirme de Delio pola gran labor levada a cabo na biblioteca e que sempre foi un referente para todos.
    Boa sorte e a disfrutar
    María dende Viveiro

    ResponderEliminar