martes, 4 de octubre de 2016

TERRITORIO DAS ARTES E LITERATURA CLÁSICA

Este curso o lema escollido para as bibliotecas escorales é "Territorio das Artes"



O cartel deste ano foi creado pola ilustradora Minia Regos, e convídasenos a explorar o mundo artístico a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, a escultura, as artes visuais... e indagar na nosa parte creativa.

Dende a biblioteca deste centro, e como lema anual, exploraremos o territorio das artes achegándonos a el dende a A Literatura Clásica, pedra angular da nosa literatura occidental. Os heroes, mitos e deuses terán un protagonismo especial, pero tamén o terá o teatro, ao que as culturas clásicas daban gran importancia, como tamén llo daban á exaltación da beleza nas artes, ou ás virtudes e defectos da natureza humana (fortaleza, celos, envexa, rencor...) e que ademais tan ben souperon recoller tanto a través da poesía como das traxedias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario