viernes, 12 de octubre de 2018

A biblioteca escolar abre as súas portas


Benvidos e benvidas a un novo curso escolar en barallando saberes.
Cada 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares. Celébrase dende o ano 1997 en homenaxe á destrución da biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.
Así que, despois dun mes de traballo intenso, o próximo día 24, a biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno abrirá as súas portas cunha renovada estrutura.
Contará con diferentes recunchos:
Lectura para o alumnado de educación infantil / Legos / Xadrez / Zona de estudio / Informática / Zona de xogos de mesa, de pensar… / Fonoteca / Retos matemáticos.
Estamos traballando para que todo estea a punto ese día. Podedes ver no vídeo un pequeno anticipo.
Ao longo do curso tamén realizaremos diferentes actividades: maletas viaxeiras, clubs de lectura, escape room…
Isto soamente acaba de arrancar. Seguídenos en barallando saberes para descubrir todas as aventuras que se vivirán na biblioteca, un lugar máxico para aprender.
Rematamos co lema que a Consellería propón ás bibliotecas para este curso:
Poéticas diversas na biblioteca escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario