sábado, 9 de febrero de 2019

Club de lectura e sesión de contacontos


Nestas dúas últimas semanas, dende o club de lectura, o kamishibai foi o protagonista:
O mércores, 30 de xaneiro, os nenos e nenas de 3º e 4º descubriron a súa orixe, o significado da palabra, así como normas e trucos para usalo. 

O 6 de febreiro, tocoulle ao alumnado de 1º e 2º coñecelo de cerca. Encantoulles este “teatro de papel” oriental. Aprenderon que o seu manexo require práctica, tempo e varias lecturas previas para familiarizarse co conto antes de expoñelo en público. Agora, ademais de seguir disfrutando do kamishibai, saberán apreciar a súa arte. 

O alumnado de 5º e 6º centrouse nas aventuras dos protagonistas do libro Román e Escarlatina, mentres degustaron as madalenas feitas segundo a primeira receita do libro.

Por outra lado, a sesión de contacontos deste pasado venres, día 8, tivo como protagonista a Jenny de 3º de primaria, co conto a sopa queima.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario