viernes, 15 de febrero de 2019

Comeza a mochila viaxeira


Queremos seguir fomentando a lectura, por iso comezamos coa mochila viaxeira en infantil e en 1º e 2º.
Está chea de personaxes, viaxes fantásticas, aventuras incribles e moitas outras cousas por descubrir en familia. E que a lectura permítenos viaxar e coñecer, aprender e descubrir.
A mochila funcionará como un préstamo bibliotecario dunha semana e contará cunha carta de presentación ás familias así como con diverso material: contos, Cds, revistas…
Comeza a viaxe!! 


sábado, 9 de febrero de 2019

Club de lectura e sesión de contacontos


Nestas dúas últimas semanas, dende o club de lectura, o kamishibai foi o protagonista:
O mércores, 30 de xaneiro, os nenos e nenas de 3º e 4º descubriron a súa orixe, o significado da palabra, así como normas e trucos para usalo. 

O 6 de febreiro, tocoulle ao alumnado de 1º e 2º coñecelo de cerca. Encantoulles este “teatro de papel” oriental. Aprenderon que o seu manexo require práctica, tempo e varias lecturas previas para familiarizarse co conto antes de expoñelo en público. Agora, ademais de seguir disfrutando do kamishibai, saberán apreciar a súa arte. 

O alumnado de 5º e 6º centrouse nas aventuras dos protagonistas do libro Román e Escarlatina, mentres degustaron as madalenas feitas segundo a primeira receita do libro.

Por outra lado, a sesión de contacontos deste pasado venres, día 8, tivo como protagonista a Jenny de 3º de primaria, co conto a sopa queima.
 

viernes, 25 de enero de 2019

Novas da semana


Esta semana, no club de lectura, co alumnado de 1º e 2º de primaria arrincou a sección “novidades na biblio”, para dar a coñecer as achegas recentes. 

Hoxe venres, tivo lugar a sesión de contacontos. Tocoulle a Mencía de 1º de primaria, que nos engaiolou con Rosa Caramelo. 

sábado, 19 de enero de 2019

Actividades da biblioteca nos últimos días


A biblioteca viviu unha semana intensa coas seguintes actividades:
Descubrimos unha nova afección do alumnado da ESO: pintar mandalas.

Desenvolveuse a segunda sesión do Club de Lectura con 5º e 6º de Primaria. O libro Escarlatina, a cociñeira defunta foi o centro de atención. 

Como cada venres, tivo lugar a sesión de contacontos. Tocoulle a Darío de 6º de Primaria, que a través do kamishibai, contounos o gato con botas. 



viernes, 11 de enero de 2019

A horta de Simón


Como cada venres, a sesión de contacontos volveu á biblioteca no tempo de lecer. Elia, de 2º de primaria, tívonos moi intrigados coa Horta de Simón.
Deixámosvos un anaco do acontecido esta mañá.