domingo, 30 de enero de 2011

Día da paz









Un ano máis temos que desexar a paz no mundo porque este dereito aínda non está acadado. Este curso fixémolo con poesía e debuxo; poesía porque é a linguaxe da alma e debuxo por ser a forma máis antiga de expresión

martes, 18 de enero de 2011

Bibliotecas escolares na Revista Galega de Educación

A Revista Galega de Educación, publicación de Nova Escola Galega vén de publicar no número 48 un monográfico sobre Bibliotecas Escolares coordinado polas asesoras de Bibliotecas,  Cristina Novoa e Pilar Sampedro. Nesta revista colaboran varios centros do PLAMBE,  entre eles o noso co artículo "Proxectos documentais integrados".
Esta publicación está ao voso dispor na biblioteca do centro e este número constitúe un documento de referencia para visualizar o panorama do que se está a facer no noso país nas Bibliotecas Escolares. Inclúe unha listaxe de recursos bibliográficos impresos e electrónicos.

sábado, 1 de enero de 2011

Homenaxe aos bosques

 

O ano 2011 é o ano internacional dos bosques. Desde Barallando saberes queremos aportar o noso granciño de area a esta celebración coa publicación deste calendario que vén sendo o noso homenaxe aos bosques. Está en formato PDF, listo para imprimir e encadernar.

viernes, 17 de diciembre de 2010

Guía de lectura



Aí vén correndo o nadal. Neve, vacacións, familia, lume...As longas noites do inverno dan para todo. Tamén para ler. Esta guía é unha proposta para que, cun libro amigo, percorramos universos infinitos.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Dia dos dereitos humanos


O noso é un mundo violento. Cada día despertámonos cunha imaxe de violencia:  políticos lanzándose as cadeiras no Parlamento, empurróns e pelexas nos estadios de fútbol, acoso escolar nos centros de ensino...conflictos por todas partes,  froito da inxustiza, a exclusión e a vulneración dos dereitos dos demais,  que impiden a convivencia pacífica.
Pensamos que a violencia é evitable se non só nos abandeiramos cos dereitos,  senón tamén coas obrigas; se resolvemos os conflictos co diálogo, con alternativas, se temos en conta a reciprocidade...se chegamos a acordos que nos permitan convivir.

jueves, 25 de noviembre de 2010

En contra da violencia de xénero


Mentras teñamos que adicar días de...quere dicir que se seguen a vulnerar os dereitos humanos. No fondo todo se reduce ao mesmo: hai violencia de xénero porque non se respeta o dereito das persoas á integridade física e sicolóxica; hai que celebrar o día da muller traballadora porque  aínda se lle segue a negar o traballo en iguais condicións que as do home. Virá algún día en que as pesoas non sexamos lobos para as persoas?