Un ano máis, despois do período estival para cargar motores, a biblioteca retoma a súa actividade, este ano cun numeroso equipo: 19 persoas; o traballo feito por moitas mans toca a menos.
Seguiremos a traballar por proxectos documentais. O deste ano ten por título "Culturas do mundo". Xa conseguimos libros ben fermosos para desenvolver o tema. Así, incrementamos os fondos da biblioteca tamén dun xeito temático.
Como o tema é moi amplo, decidimos acotalo un pouco. Na ESO afondaremos na nosa cultura interdisciplinarmente. Co material elaborado e os obxectos que atopemos faremos unha exposición etnográfica.
As "culturas do mundo" será o eixo arredor do que xirará gran parte da actividade do centro.
E non esqueceremos a "Hora de ler", as "Mochilas viaxeiras" ou a "Xinkana cultural". Tamén estarán presentes na nosa programación as distintas celebracións ao longo do curso como o día internacional contra a violencia de xénero, o día internacional dos Dereitos Humanos, o día da paz, entroido, día do libro e día das Letras Galegas.
O cartaz deste ano, coa imaxe da ilustradora galega Emma Ríos, faise eco da bulideira actividade das bibliotecas escolares.
O cartaz deste ano, coa imaxe da ilustradora galega Emma Ríos, faise eco da bulideira actividade das bibliotecas escolares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario