martes, 28 de junio de 2011

Premio emocional

Vimos de recibir un premio que sabe a sinceridade por parte de Bibliolhosgrandes. Nun final de curso especialmente desmotivador por quen tiña a obriga de alentar, apoiar, e recoñecer o esforzo dos seus docentes en vez de desprestixiar o ensino público do que son responsables, chéganos o apoio moral dun "cole" amigo que sabe de esforzo e de sacar adiante proxectos e iniciativas e os recoñece aos demais.
Grazas, xa que logo, e querémolo compartir ( pois é obriga de quen o recibe) cos seguintes blogues, por proximidade física e/ou emocional:

2 comentarios:

  1. Aínda que con retraso, xa en plenas vacacións, moitísimas grazas dende a Biblioteca do Río Cabe. Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas dende A Ponte Vella e noraboa por este fermoso blog que estreades. Apertas.

    ResponderEliminar