O venres, 10 de xuño, celebrouse en Compostela a IV xornada dos clubs de lectura. É a primeira vez que participamos nestas xornadas porque tamén é a primeira vez que temos no centro un club de lectura oficial e subvencionado. A conferencia inaugural estivo a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Ana Díaz-Plaja que nos falou da boa literatura e da literatura basura. Tamén participou o escritor Fernando Marías, autor, entre outros libros, de "Cielo abajo" e o recente "El silencio se mueve".
Houbo asimesmo unha mesa de experiencias para dármonos unha idea do que se está a facer en Galicia en materia de lectura por pracer.
Foi un día para compartir, intercambiar experiencias, ideas e opinións. Viñemos co saco cheo de iniciativas que logo poremos en práctica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario