jueves, 23 de junio de 2011

Roteiro literario

A lectura do libro "El hombre que plantaba árboles", no Ano Internacional dos Bosques, propiciou unha viaxe ao Courel do noso club de lectura para establecer contacto directo cunha das xoias botánicas de Galicia: a Devesa da Rogueira. Foi unha xornada redonda que convertimos nun roteiro literario coa poesía de Novoneyra. Cada recuncho, cada cova, cada fonte...atopa a súa voz no bardo do Courel.
Visitamos a Estación Científica do Courel. Recibiunos o seu director: Javier Guitián, a quen agradecemos a súa amabilidade.
Tamén queremos agradecer a Ricardo Locay Aira, amigo do mediador do noso club de lectura, as facilidades para visitar a súa Ferrería, a Ferrería Locay.
Aquí tedes a crónica gráfica  e poética da viaxe.

3 comentarios:

  1. Parabéns por unha ruta tan marabillosa e un blog tan esperanzador. Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Contenta de estardes na rede con este blogue que recolle actividades ben interesantes. Parabéns!
    Formoso roteiro fixestes!
    Maria
    IES Ollos Grandes

    ResponderEliminar
  3. Felices viaxes, agora leitoras!
    No noso blogue, tedes un presente para vós (Bibliolhosgrandes).
    Abrazo

    ResponderEliminar