Estreamos hoxe esta sección de recomendacións cunha novela case autobiográfica de José Mauro de Vasconcelos que vimos de ler no club de lectura. O libro titúlase "A miña planta de laranxa lima". Recomendamos a versión en galego por estar máis próxima ao portugués, idioma no que foi escrito o libro. Na biblioteca tamén o temos en castelán. É unha conmovedora historia de desamparo, de soidade, de renuncia, de amizade. Moi triste pero tan tenra que move a chorar. É un deses libros que hai que ler algún día, independentemente da idade que se teña. Propúxenllelo no club de lectura e déronme a entender que non lles ía ese tipo de cousas. Como insistín, aceptaron e agora tamén eles transmiten a mesma recomendación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario